As nais e pais da escola infantil de San Mateo de Oliveira, en Ponteareas, opóñense firmemente á posibilidade de peche

21/03/2009 at 22:03 Deixar un comentario

Un grupo de pais e nais da Escola Infantil da Parroquia de San Mateo de Oliveira, en Ponteareas, comezan accións de mobilización para defender que esta escola permaneza aberta. O venres pasado reuníronse co Concelleiro de Educación do Concello de Ponteareas e nesta semana están a preparar unha carta ó Delegado en Pontevedra da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
A este grupo de nais e pais gustaríalles reafirmar a súa rotunda oposición ao peche da escola.
Ademais, aseguran que o número de cativos matriculados nesta escola non xustifica o seu peche. Tamén manifestan a súa “insatisfacción” ante a posibilidade de trasladar a estes nenos/as no autobús ata o colexio Ramiro Sabell Mosquera.
Para estas nais e pais esta escola supón o beneficio de dispor dun servizo público no entorno rural onde se crían os seus cativos.
Estas iniciativas levadas a cabo polos pais e nais recibiron o apoio do Concello de Ponteareas e dos distintos colectivos sociais da parroquia de San Mateo.
Ós proxenitores non lles gustaría que esta posibilidade de peche da escola estivese “soamente baseada nunha decisión política e non nos datos reais que son, en contra das declaracións do Delegado, que hai suficientes nenos e nenas para permanecer aberta”.

Entry filed under: Ponteareas.

Concerto de hip-hop, ska e reggae combativo totalmente de balde no Centro Social Autoxestionado O Fresco, en Ponteareas O servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación de Pontevedra prestou servizo a 1.438 persoas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: