As obras de mellora do alumeado público de Cumiar, San Lourenzo de Oliveira e Xinzo, en Ponteareas, acadan un investimento de 62.088 euros

21/03/2009 at 21:37 Deixar un comentario

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ponteareas aprobaba o gasto e a adxudicación, segundo os proxectos presentados, das obras de instalación de alumeado público en distintos puntos das parroquias de Cumiar, San Lourenzo de Oliveira e Xinzo, que acadan un investimento total de 62.088,00 euros.
As obras permitirán reforzar o alumeado público nos distintos barrios destas tres parroquias ponteareás, obtendo unha maior eficiencia do servizo, con novos puntos de luz que, amais de optimizar a eficiencia enerxética, reduzan a contaminación lumínica.
Os investimentos en materia de alumeado, segundo explicaba Salvador González Solla, alcalde de Ponteareas, permiten “que os veciños e veciñas de Ponteareas poidan dispoñer dun alumeado público de calidade que contribúa a mellorar as súas condicións de vida”. A este respecto, salientaba o máximo rexedor ponteareán, que o Goberno Local ven realizando, dende hai tempo e con fondos propios ou doutras administracións, un “notable esforzo” na procura dun mellor servizo de alumeado nas distintas parroquias.

Entry filed under: Ponteareas.

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Inmaterial ‘Bagaña da Remelisca’ convoca a súa asemblea anual Corenta empresarios pontevedreses viaxan a Montevideo e Buenos Aires nunha misión comercial organizada pola CEP e a Deputación Provincial

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: