Comuneiros e escolares celebraron o Día da Árbore na Picaraña, Ponteareas

21/03/2009 at 21:52 Deixar un comentario

Alumnos, profesores e pais dos colexios de “La Inmaculada” e “Fermín Bouza Brey” colaboraron coa Comunidade de Montes de Ponteareas na plantación de frondosas que se fixo a semana pasada nas Chans da Picaraña.

Con motivo da celebración do Día da Árbore, esta comunidade ven facendo nos últimos anos importantes traballos de limpeza, poda e plantación nesta área recreativa, encamiñados a mellorala e ofrecer así un espazo de recreo para os amantes do aire libre.

Os organizadores desta festa consideran moi importante a aportación que desde os colexios fan os profesores, fomentando a participación da comunidade educativa e sobre todo dos máis pequenos o que garantiza o futuro do monte.

Entre as actividades realizadas están a poda e repique de raices e ponlas, a plantación de castiñeiros de dous anos traidos do viveiro de “La Inmaculada”, e sementados polos propios nenos no magosto de 2006, a colocación de niños feitos no taller de tecnoloxía por alumnos de 3º de ESO, e a identificación nos titores das plantas de tarxetas co nome de cada unha; todo isto enmarcado no proxecto “Voz Natura” que fan cada ano desde o colexio. Tamén se plantaron carballos do pais, carballos americanos e noceiras. Ao rematar o día as plantas foron regadas.

Cabe destacar e agradecer a colaboración ano tras ano, dos axentes e operarios do Distrito XVII do Condado-Paradanta, que axuda e guía o noso traballo.

Próximamente se colocarán máis mesas de pedra, se arranxarán roteiros, e farán novas plantacións nos regatos para conseguir que este monte sexa un referente no Condado.

A C.M.V.M.C. de Ponteareas convida a tódolos veciños a subir á Picaraña e gozar e colaborar coa mellora deste enclave.

Entry filed under: Ponteareas.

Sancionado con mil euros o presidente da ANPA dun colexio público de Ponteareas por manifestarse contra o xenocidio de Israel en Gaza Concerto de hip-hop, ska e reggae combativo totalmente de balde no Centro Social Autoxestionado O Fresco, en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: