Corenta empresarios pontevedreses viaxan a Montevideo e Buenos Aires nunha misión comercial organizada pola CEP e a Deputación Provincial

21/03/2009 at 21:40 Deixar un comentario

Corenta empresarios pontevedreses viaxan o vindeiro luns a Montevideo e Buenos Aires para abrir mercados e manter contactos empresariais nunha viaxe orgaizada pola Deputación de Pontevedra e a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

Entre outras empresas, viaxan: do sector da construcción, o Grupo Outón e Fernández Gondar (Sanxenxo), Comercial Goberna (Vigo) e Construcciones Abal (Meis); do sector transporte, Duatrans (Vigo); das telecomunicacións, Activo Comunicaciones, Serinfer e Ineo (Vigo); do sector servizos e formación, Muéstralo, Método, Toysal, Escuela técnica de joyería del Atlántico (Vigo), San Román; da industria conserveira, Conservas del Noroeste (Vilaboa), Anfaco (Vigo); da industria química, Kauman (Ponteareas); do sector textil, Selmark; do sector de fabricantes de componentes, Elmega (A Coruña), Emprogal (Porriño), Carrocerías Dafer (Ponteareas), Industrias Guerra (Vila de Cruces); do sector da enerxía, FCV Rey Constructora (Marín); e da comercialización de carne, Elice Entreport (Vigo).

A misión comercial pontevedresa a Uruguai e Arxentina deriva da visita xirada á provincia polo Ministro de Obras Públicas e Transporte de Uruguai, Victor Rossi, o pasado 22 de abril. Daquela, concretarase a participación de tres firmas pontevedresas (Friallo, Fandicosta e Frigoríficos del Morrazo) na nova terminal de pesca do porto de Montevideo, que acolle o 60% das mercadorías da rexión do Cono Sur.

O ministro uruguaio asinou entón un convenio coa Deputación e a CEP para a visita que agora se produce. O goberno uruguaio está interesado en asinar proxectos de cooperación con firmas galegas en campos como a pesca, o turismo, o textil, a formación, as tecnoloxías da información e a construcción.

Posibilidades de negocio

A CEP, que ven orgaizando nos últimos anos xornadas de contactos e promoción nos mercados arxentinos, uruguaio, chileno e brasileiro, concretou nun estudio que as posibilidades de negocio das empresas pontevedresas na Arxentina centranse nas manufacturas de fundición de ferro e aceiro; máquinas, aparatos e material eléctrico; automóviles; instrumentos de óptica, foto e cine; plásticos e manufacturas varias; productos químicos inorgánicos; e extractos curtientes e tintóreos.

No citado traballo, a CEP determina que as infraestructuras son o principal destiño das inversións estranxeiras na Arxentina, así como os hidrocarburos, os servizos públicos e o sector automotriz, a minería, viticultura, sector oleícola e frutihortícola e o turismo. E precisa que a medio prazo, o país austral ofrecerá moitas posibilidades de negocio en infraestructuras, agricultura e agroindustria, así como no sector de software.

Balances económicos

Os principais sectores importados por España de Arxentina, en miles de euros, o ano pasado foron: productos hortofrutícolas (726.760), panadería (411.571), pescados y mariscos (139.693), graxas e aceites (81.403) e tecnoloxía industrial (54.463). Pola contra, os sectores exportados por España a Arxentina foron, en miles de euros: tecnoloxia industrial (161.620), industria química (54.253), materias primas (33.751), industria auxiliar mecánica e da construcción (33.351), medio ambiente e producción enerxética (32.932).

No caso de Uruguai, sede do Mercosur, a CEP constata que os seus recursos fundamentais son a gandeiría vacuna e lanar, a agricultura e a súa posición xeográfica, así como a creciente importancia da industria forestal, o turismo, os servizos financieiros e o comercio. As principais importacións de España deste país son os productos cárnicos (39.859), materias primas (28.511), productos hortofrutícolas (8.395), animais vivos e os seus derivados (5.367) e panadería (5.335).

Sectores e programa

Tralo devandito estudio, a CEP recomendou a misión comercial que o luns se inicia para as empresas de enerxías renovables, TICs, pesca, industrias químicas, metalmecánica, consultorías, construcción, granito, cerámica, madeira e mobles, textil, transformación alimentaria, xestión medioambiental e turismo.

A delegación comercial pontevedresa a Montevideo e Buenos Aires estará presidida polos presidentes da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e da CEP, José Manuel Fernández Alvariño. Partirá de Vigo o domingo 22 pola noite e regresará o vindeiro venres, día 27 de febreiro.

O día 23, a delegación será recibida polo Ministro de Obras Públicas e Transportes do Uruguai, Victor Rossi, pola Embaixadora de España no Uruguai, Aurora Díaz-Rato Revuelta e pola Asociación de Empresarios Galegos no Uruguai, que preside César Antelo, con quén a CEP asinará un convenio. Esa data, a delegación visitará ZonaAmérica, centro de negocios do Mercosur.

O martes 24, dende as 9 da mañá ata as 17 horas, terán lugar os encontros empresariais bis a bis na sede da Cámara Nacional de Comercio e Servizos do Uruguai que culminarán cunha recepción do Ministro de Obras Públicas e da Embaixada de España.

O mércores, a delegación pontevedresa viaxará, ás 7,30 horas, hacia Buenos Aires. Nesta data, serán recibidos polo Subsecretario de Comercio Internacional de Arxentina, Luis María Kreckler, e visitarán a Asociación de Empresarios Galegos na Arxentina.

O xoves 26, os empresarios pontevedreses manterán encontros bis a bis con outros arxentinos na sede da Unión Industrial de Avellaneda (UIA), coa que se asinará outro convenio, e visitarán a Dirección Xeral de Industrias Creativas del Ministerio de Desarrollo Económico del Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires (Incuba). O venres a mediodía, a delegación pontevedresa regresará a Vigo.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

As obras de mellora do alumeado público de Cumiar, San Lourenzo de Oliveira e Xinzo, en Ponteareas, acadan un investimento de 62.088 euros Sancionado con mil euros o presidente da ANPA dun colexio público de Ponteareas por manifestarse contra o xenocidio de Israel en Gaza

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: