O concello de Ponteareas remitíu á Xunta de Galicia a avaliación ambiental estratéxica do PXOm

21/03/2009 at 21:13 Deixar un comentario

O Concello de Ponteareas segue a traballar na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e, nestes días remitiu á Xunta de Galicia o documento de inicio de Avaliación Ambiental Estratéxica para o seu estudo pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que terá que ditaminar sobre este documento e, se fora o caso, determinar as apreciacións e axustes que considere oportunas.
Con este documento, iníciase a tramitación medioambiental do PXOM que marcará as directrices da futura ordenación do concello.
Ademais, segundo o concello os técnicos do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas continúan cos traballos de análise das máis de 1.600 suxestións presentadas por particulares e colectivos veciñais. Unha vez que estas suxestións estean analizadas tecnicamente, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e os técnicos da empresa redactora, manterán reunións cos colectivos veciñais e cos particulares que presentaron ditas suxestións para darlles conta de se, segundo a normativa urbanística vixente, teñen cabida ou non no documento do PXOM.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, salientou que co envío á Xunta de Galicia deste Documento de Inicio de Avaliación Ambiental Estratéxica, “o grupo de Goberno do Concello de Ponteareas, segue traballando no Plan Xeral de Ordenación Municipal que é, sen dúbida algunha, un documento de extraordinaria importancia, tendo en conta que será o que marque o desenvolvemento futuro do Concello de Ponteareas”.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG agarda que a Xunta manteña os compromisos con Ponteareas Adxudicadas as obras de mellora no abastecemento de auga en Areas, Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: