O servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación de Pontevedra prestou servizo a 1.438 persoas

21/03/2009 at 22:06 Deixar un comentario

A Deputación de Pontevedra presentou hoxe a memoria do Servizo Provincial de Teleasistencia Domiciliaria, que rematou o ano 2008 cun balance de 1.438 terminais instalados nos fogares doutros tantos usuarios en activo.
Os datos reflicten que, deste total de 1.438 beneficiarios, 1.358 son titulares do servizo, 55 son beneficiarios con Unidade de Control Remoto (UCR) e 25 son beneficiarios sen UCR. Dos 1.358 titulares deste servizo, 1.355 son maiores de 60 anos, 20 presentan algunha discapacidade física, 2 presentan discapacidade psíquica e 1, discapacidade sensorial.
En canto ós beneficiarios con UCR, 50 deles son maiores de 60 anos, 4 son discapacitados físicos e 1 presenta discapacidade psíquica. No que respecta ós beneficiarios sen UCR, son un total de 25. Destes, 22 son maiores de 60 anos e 3 son discapacitados, un físico, un psíquico e outro sensorial.


Estatísticas por concellos

Por concellos, Vigo foi o concello con máis usuarios adheridos, rexistrando un total de 741, seguido de lonxe por Lalín (61), Vilagarcía (54), Marín (44), A Estrada (39), Tui (36), Pontevedra (27), Mos (25), Agolada (23), Silleda (23), Porriño (22), Arbo (21), O Grove (20), As Neves e Vila de Cruces (16 cada concello), Bueu, Ponteareas e Tomiño (15 cada un), Cuntis e Redondela (14 respectivamente), Portas (13), Cerdedo, Cambados, Salceda e Mondariz (12 cada), Forcarei, Nigrán e Caldas de Reis (10 cada un), Moaña e Crecente (9), Vilaboa (8), Barro e Cotobade (7), Cangas e Mondariz-Balneario (6), Moraña, Meis e Poio (5), Catoira, Pazos, Ponte Caldelas, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Valga e Vilanova de Arousa (4 cada concello), Gondomar e O Rosal (3), Campo Lameiro (2), A Guarda e Salvaterra (1). O resto de concellos, ou ben non están adheridos o servizo —Dozón, Moaña e Fornelos de Montes— ou ben non hai altas solicitadas.

Perfil dos usuarios

O perfil médico do usuario do Programa de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación responde a unha persoa maior de 60 anos (97,42%), muller (84,21%), viúva (68,47%), o que pon de manifesto que existe unha maior representación do colectivo de mulleres respecto ó de homes.
A situación económica dos usuarios é a seguinte: o 68,42% recibe pensión de viuvez, o 25,45% son pensionistas de xubilación e o 6,13% perciben pensións no contributivas.
En canto ó nivel de instrución dos usuarios do servizo, o 4,97% son analfabetos, o 8,15% teñen estudos básicos, o 2,48% teñen estudos superiores de bacharelato e un 84,40% queda pendente de especificar.
O número total de alarmas recibidas ó longo do ano 2008 foi de 21.186 mentres que o número de axendas ascendeu a un total de 6.068.
Durante este ano 2009, a Deputación seguirá mantendo o número de altas en cada un dos concellos da provincia de Pontevedra, de acordo co convenio asinado co IMSERSO-FEMP, para que os usuarios que o desexen podan seguir permanecendo nos seus propios fogares, evitando o seu illamento social. Con ese obxecto, continuará traballando ó longo do ano para a creación de recursos sociais que permitan mellorar a calidade de vida destes colectivos.

Entry filed under: As Neves, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas.

As nais e pais da escola infantil de San Mateo de Oliveira, en Ponteareas, opóñense firmemente á posibilidade de peche Xa está aberta a inscrición para participar na VI edición da Sobroso Party

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: