A Deputación financia con 180.000 euros becas para traballar en oficinas de Turismo da provincia

26/03/2009 at 14:58 Deixar un comentario

Turismo Rías Baixas, organismo dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, destinará 180.000 euros ó financiamento de becas para traballar en oficinas de turismo da provincia de Pontevedra. Estas bolsas irán dirixidas a diplomados en Turismo ou que teñan cursado o  Ciclo Superior de Información e Comercialización Turística.
Poderán solicitar esta prestación Concellos, Mancomunidades ou entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que dispoñan dunha oficina de información turística aberta ó público.
Cada bolsa terá unha duración máxima de seis meses e as entidades interesadas en contar con este servizo poderán solicitar un número máximo de tres bolseiros/as a razón de 1000 euros brutos/mes en xornadas de oito horas, ou en todo caso, o importe correspondente as horas traballadas. Turismo Rías Baixas financiará como máximo o 50% dos custes de cada contratación e a entidade peticionaria deberá asumir o orzamento restante.
Cada entidade beneficiaria, unha vez recibido o acordo de concesión da subvención, deberá formar un comité para a selección dos bolseiros/as, tendo en conta criterios de publicidade e concorrencia competitiva. Entre os membros do comité seleccionador de cada bolseiro/a deberá figurar un técnico deste organismo.
Imaxe e criterios unificados
Así mesmo, compre destacar que co obxecto de unificar os criterios informativos a nivel provincial, Turismo Rías Baixas organizará unha xornada de presentación no Palacete das Mendoza, na que se establecerán as pautas a seguir para unha información óptima e de calidade, colocación de elementos comúns de soporte de materiais, enquisas, estatísticas de satisfacción do turista, etc.
Asemade, estableceranse criterios xerais de uniformidade e dotarase a cada bolseiro/a do vestiario correspondente, coa finalidade de unificar a imaxe de todas as oficinas de información turística da provincia.
Esta acción foi aprobada polo Consello Reitor do organismo autónomo Turismo Rías Baixas. A partir de agora esta convocatoria deberá saír publicada no Boletín Oficial da Provincia, onde se establecerá un prazo de 30 días para a presentación das solicitudes. Estas deberán entregarse no Rexistro do Turismo Rías Baixas, de luns a venres en horario de 09:00 a 13:00 horas.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

O concello das Neves prepara a vindeira edición da Feira do Requesón e do Mel Os Encontros de Axóuxeres chegan a Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: