Os Encontros de Axóuxeres chegan a Ponteareas

26/03/2009 at 15:01 Deixar un comentario

Ponteareas será o  día 18 de abril o escenario dos Encontros dos Axóuxeres, unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa. Estas actividades, organizadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello de Ponteareas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, teñen como principal obxectivo fomentar a transmisión do galego como lingua de uso habitual na familia. 
Os Encontros dos Axóuxeres van dirixidos a un público integrado por bebés e cativos de ata 5 anos de idade, e para os seus pais e nais. Trátase de funcións dunha hora de duración e cunha capacidade máxima para 60 espectadores (20 bebés cos seus acompañantes). Nos Axóuxeres únense a palabra, emoción e música, para animar os máis pequenos a falar, a cantar e a gozar co galego. Músicos e actores, da man de Totó, un pequeno moneco de pelo azul que aprende as primeiras palabras, logran que os encontros dos Axóuxeres sexan inesquecibles. 
Esta actividade é gratuíta e levarase a cabo en Ponteareas o 18 de abril, ás 12 horas, no Centro Artístico Sportivo. Para poder participar é imprescindible reservar previamente no teléfono 686 160 879.

Entry filed under: Ponteareas.

A Deputación financia con 180.000 euros becas para traballar en oficinas de Turismo da provincia O BNG de Ponteareas leva a pleno a demisión do concelleiro de cultura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: