Adxudicadas as obras da casa da cultura de Guillade, en Ponteareas

28/03/2009 at 20:43 Deixar un comentario

A Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas, na súa reunión do pasado 16 de marzo, aprobou a adxudicación das obras de construción da Casa Cultural para a parroquia de Guillade.
A obra, que contará cun orzamento de 150.000 euros, foi incluída polo goberno local nos traballos a realizar cos Fondos Estatais de Investimento Local que lle correspondían ao Concello de Ponteareas.
A construción desta Casa Cultural de Guillade permitirá que veciños e veciñas desta parroquia ponteareá poidan contar cun lugar perfectamente axeitado no que desenvolver as súas actividades culturais, sociais ou veciñais. Para acadar tal fin, a Casa Cultural contará con espazos habilitados para despachos, unha pequena biblioteca e unha aula de usos múltiples, amais dun salón de actos que permita o desenvolvemento das anteditas actividades.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, salientaba a importancia desta obra a realizar en Guillade “que da continuidade a un ambicioso plan de dotación de infraestruturas culturais que se está a desenvolver por parte do Goberno Local”. Este plan, explicaba o alcalde ponteareán, “permitirá que no prazo de dous anos, todas a e cada unha das parroquias de Ponteareas poidan contar con espazos apropiados para un correcto desenvolvemento das súas actividades culturais e sociais”.

Entry filed under: Ponteareas.

A Rectoral de Fofe, en Covelo, prepara o terceiro encontro de solteiros O alcalde de Ponteareas asinou dous convenios de cesión das novas casas culturais de Cumiar e Santiago de Oliveira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: