Nós-Unidade Popular denuncia os erros nas facturas da luz

28/03/2009 at 22:34 Deixar un comentario

Nós Unidade Popular asegura que Ponteareas non é allea “á estratexia do PSOE de facilitar aínda máis a acumulación de riqueza das empresas a conta da maioría traballadora”.
Segundo Nós-UP a Central Eléctrica Sestelo e Cia S.A tivo ventas en 2007 de 8.939.089,00 euros, “case 1.500 millóns das antigas pesetas”.

Nós-UP explica que o governo español aprobou no verán de 2008 unha suba do prezo da luz para 2009 que “deixaba unha marxen de alza dun 8% de media” pero que na realidade o incremento do prezo para Nós-UP en numerosas facturas da luz ten sobrepasado o 125%.

Ademais engaden que na teoría a periodicidade das facturas pasa a ser mensual para así fomentar o aforro enerxético pero que tamén ao mesmo tempo se aprobou a penalización por “consumo excedido” de quen sobrepase os 500kw/h.

“A lectura dos contadores continua a ser cada dous meses, faise os meses impares  e por iso un dos meses non o pagamos pola enerxía consumida, pagamos unha estimación feitas nas oficinas”.

Así mesmo, Nós Unidade Popular afirma que na teoría o comezo da factura  mensual comezou en xaneiro de 2009 pero na realidade “o que nos fan pagar é o consumo de xaneiro máis a estimación feita sobre decembro. A suma das duas provoca que en moitos casos se exceda o límite dos 500kw/h”.

Xa por último, Nós-Up asegura que na teoría a intención do incremento do precio é baixar o consumo pero engaden que se governo e empresas seguen gañando con esta suma.

“Coa nova facturación unha persoa que estea fora do seu domicilio todo un ano, por exemplo, pagará seis mese por estimación. Pagará en base ao consumido nos mesmo seis meses do ano anterior aínda que non consuma nada: roubo encuberto”.

Dende Nós-UP manifestan a súa total oposición a este novo “atropelo” á precaria situación económica da clase traballadora e animan a denunciar e adoptar medidas de presión para evitar seguir enriquecendo ao capital.

Entry filed under: Ponteareas.

Veciños de Salvaterra aprenden nun curso que a risa é un ben saudable A Deputación financia as obras de canalización de Poza para rego da agrupación veciñal de Freixo, en Crecente, por importe de 4.000 euros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: