O BNG de Ponteareas califica de ‘antidemocrático’ o comportamento do PP no último pleno

28/03/2009 at 22:15 Deixar un comentario

O BNG considera lamentable a actitude do Partido Popular no último pleno acusándoos de “comportamentos antidemocráticos” ao impedir as comparecencias solicitadas polo BNG, dos concelleiros Andrés Sampedro e Alberto Novoa  para que deran conta da xestión de áreas da súa responsabilidade como Cultura, Xuventude e Comercio e o funcionamento e manipulación da Televisión Municipal.

O Portavoz do BNG, Bolívar González manifestou que “o comportamento do Alcalde e do goberno municipal do PP foi de absoluta falta de respeto aos veciños de Ponteareas, convocando un pleno sin contidos do goberno e fuxindo do debate das mocións de control que o BNG levaba ao pleno”.

O BNG anuncia que trasladará aos veciños a información que o PP trata de ocultar coa sua negativa a dar explicacións no Pleno da Corporación. Segundo os nacionalistas o goberno municipal “pretende evitar que quede ao descuberto a sua incapacidade para xestionar un concello coma Ponteareas ao mismo tempo que agocha as responsabilidades da sua nefasta xestión”.

Así mesmo, acusan aos populares de impedir que o concelleiro de cultura Andrés Sampedro tivese que aclarar o desfase de 25.000 euros sin xustificar nas contas do Corpus do 2008.
“En xuño de 2008, o goberno do PP aproba un gasto de máis de 126.484,52 euros das festas do Corpus, a pesares do informe negativo de intervención. A requerimento do BNG, só foron capaces de detallar un total de 101.424,23 euros. Agora o PP non sabe como esconder este desfase de 25.000 euros e néganse a dar explicacións no Pleno”.

Ademais, enganden que “o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alberto Novoa tamén se negou a dar explicacións sobre a súa xestión na Televisión Municipal e o acontecido na xornada de reflexión, donde o PP utilizou de maneira partidísta o medio de comunicación público para facer campaña electoral, aflirman os nacioanlistas”.

Entry filed under: Ponteareas.

O PSOE de Ponteareas propón a Nava Castro que pague ás debedas atrasadas ao autónomos e PEMES para aliviar os efectos da crise A Comunidade de Montes de Cumiar acusa ao alcalde de Ponteareas de ‘buscar enfrontamentos’ entre os veciños

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: