O PSOE de Ponteareas propón a Nava Castro que pague ás debedas atrasadas ao autónomos e PEMES para aliviar os efectos da crise

28/03/2009 at 22:10 Deixar un comentario

O concelleiro socialista Delfín Domínguez explica que un dos colectivos máis afectados neste momento de crise é o dos autónomos e as PEMES (Pequenas e Medianas Empresas) que denuncian á falta de liquidez como a causa que condiciona a continuidade da súa actividade.

As razóns desa falta de efectivo sitúana, segundo Domínguez, fundamentalmente na restrición do crédito por parte das entidades bancarias e na alta morosidade fundamentalmente das administracións públicas (concellos e comunidades autónomas).

“Diante desta situación e sabendo que o Concello de Ponteareas é un dos mais morosos, o Grupo Municipal Socialista propuxo no Pleno da Corporación, que o Goberno Municipal tome medidas solidarias con estes colectivos”.

Os socilistas propñen á concellería de Facenda dirixida por Nava Castro que adopte decisións como a de legalizar tódalas facturas pendentes de recoñecer que corresponden a servizos ou traballos xa realizados para o Concello pero que actualmente non están contabilizadas oficialmente coma tales débedas o que impide o seu pago ós acredores.
Tamén propoñen á facenda local que elabore un plan de pagos das facturas que se adebedan de tal xeito que autónomos e PEMES saiban exactamente cando e en que condicións van poder cobrar os traballos realizados hai xa meses ou incluso anos.
“Esperamos que Nava Castro sexa sensible as necesidades de estes colectivos de autónomos e PEMES, e cando menos nesta ocasión actúe con seriedade e responsabilidade”, conclúe Delfín Domínguez Cerdeira.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG felicita a Teresa Táboas pola sinatura do convenio cos afectados da PLISAN O BNG de Ponteareas califica de ‘antidemocrático’ o comportamento do PP no último pleno

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: