O Salvaterra F.S a piques de proclamarse da primeira división da Agrupación de Fútbol Sala do Condado

28/03/2009 at 20:52 Deixar un comentario

O Salvaterra F.S. está a piques de proclamarse campión da 1ª División da  Agrupación de Fútbol Sala do Condado, tras unha tempada que roza a perfección. O campionato conleva o ascenso á categoría provincial, por certo a mesma na que este ano milita o exitoso Arantei, tamén primeiro na súa división, do que opina Míguez, presidente e xogador do Salvaterra Fútbol Sala: “É un club ao que respectamos e ao que queremos felicitar pola súa gran campaña. Ogallá poidamos subir e enfrontarnos o vindeiro ano nun derbi, que é algo que a todo xogador lle gusta, xa que con eles mantemos unha sana rivalidade”.

En efecto, a Fernando Míguez faríalle moita ilusión gozar da xusta recompensa da Provincial, categoría na que xa actuaron a grande maioría dos seus futbolistas – compañeiros, pero “os gastos son o dobre, así que estamos negociando con empresas e concello, entre outros, para que nos boten unha man de cara á vindeira tempada; de non ser así, teríamos que repetir un ano máis en 1ª. Pero,  aínda temos 4 meses para negociar”.

Cada xogador contribúe á cobertura do orzamento anual con 50 euros. Algunhas empresas e os socios colaboradores aportan o seu grao de area.

Afirma Fernando Míguez que cada vez que solicitaron algún tipo de axuda ao Concello de Salvaterra “sempre estivo aí”, e engade “para este ano, a verdade, non pedimos nada, xa que tiñamos a tempada salvada; a propósito de que a crise afecta a todos, decidimos pedir o xusto”.

Dos dezaseis futbolistas e técnicos do club, catorce residen en Salvaterra e outro máis, aínda que domiciliado en Vigo, naceu á beira do Miño.

Entry filed under: Salvaterra.

O alcalde de Ponteareas asinou dous convenios de cesión das novas casas culturais de Cumiar e Santiago de Oliveira O servizo de normalización lingüística de Ponteareas comeza os cursos de galego Celga 1 e Celga 4

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: