A asociación Auga Limpa de Ponteareas agarda que a nova Xunta constrúa a potabilizadora

03/04/2009 at 22:36 Deixar un comentario

Logo da publicación no B.O.P. da aprobación polo Pleno Municipal do proxecto da E.T.A.P., a Asociación Auga Limpa de Ponteareas dirixíuse á Xunta de Galicia e ó Concello para que estas administracións públicas lles comunicaran o estado dos trámites actuais para a construción da potabilizadora.
“Nos diriximos a estas administracións mediante dous documentos que foron metidos no rexistro de entrada do Concello con data do 27 de febreiro de 2009. No dia de hoxe, non recibimos ningún tipo de resposta.
As nosas preguntas eran concretamente tres, a saber: si o Concello, despois da aprobación do proxecto da E.T.A.P., tiña xa enviada toda a documentación necesaria para a licitación da obra, que nos comunicasen o estado xeral dos trámites necesarios para a construción desta obra e no caso de estar todos estes trámites realizados, si existía xa data de inicio para a súa construción”.

Segundo Auga Limpa transcurreron xa máis de trinta dias, “e nin a Xunta nin o Concello se dignaron a dirixirse a nos para contestar as nosas preguntas. Esta actitude por parte das administracións, que entendemos que teñen a obriga de manter informados ós veciños das súas actividades, fainos temer que o proceso de construción dunha E.T.A.P. na vila de Ponteareas, estea sofrindo novos atrancos”.

Por outra parte, Auga Limpa agarda que o cambio de goberno de Galicia, non supoña un novo atraso na solución do problema da calidade da auga en Ponteareas. “Que lles quede ben claro que os veciños de Ponteareas imos seguir reclamando os nosos dereitos estea quen estea no goberno”.

Ademais, esixen que se informe ós veciños de Ponteareas de cal é a situación da futura planta potabilizadora na vila e que non se demore máis este proxecto.

Entry filed under: Ponteareas.

Louzán inaugura en Ponteareas dous parques infantís, unha glorieta e presenta o libro ‘Percorrido pola historia de Ponteareas’ Esquerda Unida convoca unha concentración en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: