A Deputación actualiza o arquivo da Cañiza con 14.285 rexistros datados entre os anos 1792 e 2008

03/04/2009 at 22:10 Deixar un comentario

A Deputación de Pontevedra, a través do seu Servizo Técnico de Patrimonio Documental, acaba de rematar un proceso de actualización da documentación transferida nos últimos anos dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal da Cañiza, con duascentas setenta e tres novas unidades de instalación, que representan trinta e nove metros lineais de documentación, correspondente á súa máis recente xestión administrativa.
Esta última actuación completa un ciclo de asistencia permanente en materia de patrimonio documental a este concello, respondendo á súa demanda, tras a cal se procedeu á clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos.
Dende o primeiro proceso en 1992, leváronse a acabo un total de catro actualizacións, que foron incorporando a nova documentación producida e, ó mesmo tempo, profundando no nivel de información ata a informatización do inventario descritivo a nivel de expediente.
Na actualidade conta o arquivo cun total de 2.201 unidades de instalación, con documentación que ten como datas extremas os anos 1792 e 2008 e unha base de datos formada por 14.285 rexistros, o que permite a localización de calquera expediente.
A totalidade do patrimonio documental do Concello da Cañiza atópase instalado en varios locais habilitados na planta baixa da casa do concello, a carón das dependencias da biblioteca.

Entry filed under: A cañiza.

Eventia Motor organiza en Mondariz o primeiro curso de copilotos para Semana Santa IV descenso do San Nomedio nas Neves

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: