A Deputación financia as obras de canalización de Poza para rego da agrupación veciñal de Freixo, en Crecente, por importe de 4.000 euros

03/04/2009 at 21:15 Deixar un comentario

A Deputación de Pontevedra fixo pública hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión de 4.000 euros á Agrupación Veciñal de Freixo (Crecente) que servirán para acometer as obras de canalización e dotación de poza para rego demandades pola entidade. A actuación consistiu, fundamentalmente, na construción dunha placa de formigón armado de 10 metros de largo por 1,70 de ancho apoiada en piares e muro, e na dotación de canalización dun tramo de 15 metros de largo con tubeira de formigón de 60 centímetros. Para acometer a obra foron necesarios 21,50 m3 de formigón, 15 metros liñais de tubeira de formigón, 2 metros liñais de aro de formigón, 480 kg de aceiro en armaduras, 24 horas de pala retro, 18 horas de compactadora, 30 m3 de zahorra en recheo e madeira para encofrados. As obras, valoradas en 7.800 euros, recibiron a devandita axuda do organismo provincial, que sufraga en máis do 50% a cantidade total do investimento da Agrupación de Veciños do Freixo. Esta colaboración económica procede do Plan de Acción Comunitaria (PAC) da Deputación que ten como obxectivo colaborar coas agrupacións veciñais da provincia en aspectos relacionados coa mellora do medio rural e dos barrios mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles. Segundo establecen as bases do PAC, as obras deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2009.

Entry filed under: Crecente.

Nós-Unidade Popular denuncia os erros nas facturas da luz Esquerda Unida Ponteareas solicita unha entrevista co subdelegado do goberno

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: