IV descenso do San Nomedio nas Neves

03/04/2009 at 22:16 Deixar un comentario

O vindeiro 5 de abril, domingo, o mítico monte do San Nomedio, en As Neves, converterase na capital galega do btt máis extremo. Un ano máis o C.C. A Lamprea-Forjados Hnos. Durán organiza o Descenso do San Nomedio, que con ésta, vai xá pola sua cuarta edición. Este ano hai dúas novidades a ter en conta con respecto ás anteriores edicións. A primeira está relacionada coa categoría da proba, que pasa a ser de TIPO “B”. Isto significa básicamente que a direfencia das outras edicións non haberá premios en metálico, só trofeos. A segunda novidade vai encamiñada a fomentar, a potenciar o mundo das carreiras, polo que este ano haberá categoría de promoción, para que os novos afeccionados teñan a oportunidade de participar nunha carreira, a pesar de que a Federacion Española no sua ultima reunión decidiu anular de xeito inmediato esta categoría nas competicions.

O circuito no que se desputará o IV DESCENSO DE SAN NOMEDIO, é básicamente o mesmo que o de anos anteriores, ainda que con algunhas melloras e iso sí, coa mesma, ou se cadra máis dureza tanto física como técnica. Ao igual que o ano pasado, as 11:00 horas de mañá daráse a saída ao primeiro dos participantes da carreira. Media hora antes, as 10:30 pecharase o circuito para todos os participantes. Os adestramentos oficiais comezarán moito antes, a partires da entrega dos dorsais correspondentes. .
No tocante aos remontes, haberá vehículos destinados ao transporte das bicicletas e vehículos destinados ao transporte dos participantes. Tal e como manda o regulamento queda totalmente prohibido que os participantes utilicen o mesmo vehículo que as bicicletas. Queda totalmente prohibido o uso de remontes particulares tanto nos adestramentos como na carreira.
En canto á vestimenta, tal como indica o Título IV, capítulo III, artigo 3 do regulamento UCI, é obrigatorio o uso de casco integral homologado, así como protección dorsal, codos, xeonllos con materiais rixidos, e guantes que protexan os dedos.
Ao remate da proba haberá “degustación de productos típicos”, tales como tortilla, empanada e viño.

Entry filed under: As Neves.

A Deputación actualiza o arquivo da Cañiza con 14.285 rexistros datados entre os anos 1792 e 2008 O concello de Salvaterra comeza a actividade de ‘Rutas de Sendeirismo’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: