Louzán inaugura en Ponteareas dous parques infantís, unha glorieta e presenta o libro ‘Percorrido pola historia de Ponteareas’

03/04/2009 at 22:28 Deixar un comentario

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acudiu  a Ponteareas para inaugurar dous parques infantís, o de Ponteareas Cidade e o da Urbanización A Perillana, a glorieta remodelada do Axente Comercial, presentou o libro «Percorrido pola historia de Ponteareas», e asinou o convenio de dotación de dous vehículos para o concello e a BTT Escola de Álvaro Pino. 

Parques e glorieta

Alcalde e presidente visitaron ós parques da urbanización da Perillana e Ponteareas Cidade, dúas áreas infantís de tipo grande, nos que a Deputación investiu 88.200 euros e o concello 9.800 euros, o 10% do total.
A este respecto, Louzán salientou que “o total de parques infantís concedidos na provincia foron os seguintes: 93 para nenos de ata 5 anos, 89 áreas infantís tipo grande (opción A e B), e 53 áreas deportivas. En total, implantáronse 235 instalacións de carácter de recreo infantil”.
O máximo titular provincial tamén inaugurou a fonte da glorieta do Axente Comercial, para a que a Deputación, a través do PAM, acometeu e sufragou o 100% da actuación de saneado e remodelación, que supuxo un investimento total de 60.100 euros.
Dotación de vehículos
Despois dos convenios asinados hoxe, o Concello de Ponteareas recibirá un Citroën modelo Jumpy 140 Combi  8/9 P con 2 portas traseiras batentes, por importe total de 27.621,00 euros, dos que Citroën desconta o 30,7%, Caixanova aporta o 23,1% e a Deputación achega o 23,1%. O Concello debe aportar o 23,1 % do custo do vehículo que ascende a contía de 6.380,45 euros.

A BTT Ponteareas Escola Alvaro Pino, pola súa parte, asinou o convenio para ser dotada dun Citroën modelo Jumper HDI 120 Combi Club 33 L2H2, con ar acondicionado e radio CD con mandos ó volante, por importe total de 34.035,00 euros, dos que Citroën desconta o 30,7%, Caixanova aporta o 23,1% e a Deputación achega o 23,1%. A Escola debe aportar o 23,1 % do custo do vehículo que ascende a contía de 7.862,09 euros.


Percorrido pola historia de Ponteareas

Louzán presentou o libro “Percorrido pola historia de Ponteareas”, coordinado por Rafael Sánchez Bargiela, que constitúe unha nova entrega da colección «A provincia en imaxes», da Editorial da Deputación de Pontevedra.

“Pola forza das súas imaxes”, destacou Louzán, “remexe os sentimentos da xente, que se recoñece a sí mesma e ó seu pobo. Este traballo permitirá realizar unha viaxe no tempo a través dunha completa colección fotográfica, recollida, en parte, dos fondos do museo municipal e de distintos arquivos de familiares e fotógrafos”.

“Servirá”, dixo, “para coñecer a orixe da actual vila, a evolución urbana, os cambios sociais e políticos do pasado século, e recuperar a memoria colectiva mediante os retratos da vida social e familiar e mesmo dalgún personaxe típico”.

A igrexa parroquial, a capela de Nosa Señora dos Remedios ou a Casa do Concello son algunhas das construcións fotografadas nesta bela homenaxe a Ponteareas. Tamén se recolle unha secuencia de fotografías e escritos de José Luis Bugallal, realizadas entre 1916 e 1918, “que nos transporta á inocencia, ó xeito de vivir e de pensar de hai un século”.

Por último, móstranse imaxes do Corpus Christi na vila. Unha festa cunha tradición que se remonta ós primeiros anos do século XIX. Co emblemático emprego de flores e outros elementos vexetais para adornar as rúas ó paso da procesión, tradición que se conserva, manténdose coma expresión inconfundible da cultura popular galega.

“En total”, apuntou Louzán, “nestas tres actuacións, o organismo provincial ten investido máis de 165.000 euros no concello.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Salvaterra comeza a actividade de ‘Rutas de Sendeirismo’ A asociación Auga Limpa de Ponteareas agarda que a nova Xunta constrúa a potabilizadora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: