O concello de Salvaterra comeza a actividade de ‘Rutas de Sendeirismo’

03/04/2009 at 22:24 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde, Marta Valcárcel, comezou en abril unha nova actividade denominada ‘Rutas de Senderismo’ polo Parque Público e o Paseo Fluvial da Canuda. Esta iniciativa, que se celebrará todos os mércores de 10.30 a 11.30 horas, está pensada sobre todo para a Terceira Idade, aínda que tamén poidan participar outros grupos.
O obxectivo da Concellería de Cultura ao levar a cabo esta iniciativa é estimular aos veciños de Salvaterra a converter a camiñata nun hábito, principalmente porque é un xeito sinxelo de previr enfermidades, “xa que axuda a controlar o colesterol e, consecuentemente, os problemas cardiovasculares, ademais de propiciar melloras musculares”, indica o técnico de Deportes do Concello, Víctor Ojea, que impartirá as clases.
A Concellería de Cultura pretende, ademais, que esta actividade “sexa complementaria” á de ximnasia de mantemento. Durante a camiñata os participantes combinarán traxectos en asfalto, terra e herba, “porque non é o mesmo pisar un chan brando que un máis duro, nese sentido, os nocelos e os xeonllos sofren menos cando se camiña por herba”, explica Ojea. No primeiro mes, a camiñada será de 6 a 8 quilómetros e durará 45 minutos, incluíndo a sesión final de estiramientos.
Aínda é posible apuntarse á actividade ‘Rutas de Senderismo’ polo Parque Público e Paseo Fluvial da Canuda. Para isto hai que dirixirse ao Concello de Salvaterra e preguntar polo técnico de Deportes.

Entry filed under: Salvaterra.

IV descenso do San Nomedio nas Neves Louzán inaugura en Ponteareas dous parques infantís, unha glorieta e presenta o libro ‘Percorrido pola historia de Ponteareas’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: