A Deputación adxudícalle a Viaxes Iberia a organización do programa Balnearios

11/04/2009 at 19:49 Deixar un comentario

A Xunta de Goberno da Deputación acordou adxudicarlle á empresa Viaxes Iberia a xestión e organización do programa de balnearios por un importe de 200.000 euros. A Deputación  ofertará un total de 4.000 prazas para maiores de 50 anos, repartidas en dúas campañas –2.000 en primavera e 2.000 en outono– e para o que se destinará unha dotación orzamentaria 200.000 euros. O prazo de inscrición para os concellos e os usuarios interesados permanecerá aberto ata o día 21 de abril.
O Programa de Balnearios ten por obxecto proporcionar ás persoas a partires dos 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e maila súa saúde. Os usuarios deste programa recolleranse nos puntos de saída sinalados por un autobús que os volverá traer de volta ós seus domicilios unha vez rematada a estanza de dúas horas no balneario escollido, desfrutando das instalacións dos balnearios de Mondariz, A Toxa, Cuntis ou Baiona.
Esta iniciativa permitirá que os beneficiarios da mesma poidan pasar cinco tardes ou mañás seguidas –de luns a venres– nun balneario da nosa provincia, establecéndose para o desenvolvemento do programa dúas campañas: a de Primavera, que terá lugar durante os meses de Abril, Maio e Xuño, e a de Outouno, nos meses de Setembro, Outubro e Novembro.
A dotación orzamentaria para este programa social nesta anualidade 2009 será de 200.000 euros, sendo a achega da Deputación de 52 euros por praza, a dos Concellos que se adhiran o programa, 32 euros, e a cantidade restante a aportarán os usuarios, que será dun máximo de 56 euros, en caso de non estar os seus concellos adscritos ó programa, e de entre 6 e 29 euros no caso de participar no plan de balnearios.
O pasado ano participaron neste programa 3.923 persoas que tiveron a oportunidade de realizar estanzas de cinco tardes ou mañás nos balnearios da Toxa, Mondariz ou Cuntis, onde puideron desfrutar das actividades deste tipo de centros como son as diferentes piscinas, os servizos de masaxe, os jacuzzis ou as saunas.

Entry filed under: Mondariz Balneario.

O club ciclista Expert-Augas de Mondariz concentrouse na Lanzada Subvención de 95.969 euros para o Consorcio contra Incendios do Baixo Miño, Condado e Louriña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: