A Deputación de Pontevedra convoca o premio Otero Pedrayo

11/04/2009 at 19:13 Deixar un comentario

A Deputación de Pontevedra convocou o premio Otero Pedrayo 2009 que, na súa edición deste ano, corresponde orgaizar á institución provincial.
O premio está dotado con 30.000 euros, tén carácter rexional, e ten por obxecto perpetuar e honrar a memoria do egrexio home das letras galegas, galardoar unha laboura que constitúa unha eminente contribución á cultura galega e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ó esclarecemento e á mellora das súas xentes e institucións.

Poderán optar ó premio Otero Pedrayo 2009 personalidades individuais, grupos de traballo radicados en Galicia ou personalidades e institucións que se caractericen pola difusión e mantemento da cultura galega.

A presentación das candidaturas que concurran ó premio poderá ser feita por calquer persoa física ou xurídica, por entidades académicas, polos presidentes das deputacións provinciais, pola Xunta de Galicia ou polo mesmo xurado. A presentación das candidaturas deberá realizarse no prazo de tres meses, a contar dende hoxe.

O xurado estará formado por representantes da Xunta, Deputacións, universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, Real Academia Galega, Instituto Padre Sarmiento e cinco personalidades de recoñecida autoridade científica e literaria designadas pola Xunta e cada unha das deputacións provinciais.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz Balneario, Salvaterra.

A Asociación de Veciños san Vicente e Canedo concentraránse para pedir a paralización das obras realizadas polo Ministerio de Fomento O BNG denuncia que as empresas de Salvaterra son as máis prexudicadas pola adxudicación das obras do Fondo Estatal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: