A parroquia de Ribadetea, en Ponteareas, contará cun auditorio

11/04/2009 at 19:07 Deixar un comentario

A parroquia ponteareán de Ribadetea contará en breve cun auditorio e salón de actos onde desenvolver as súas actividades culturais, logo de que a Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas aprobara a adxudicación das obras de construción desta nova instalación cultural.
O auditorio quedará situado anexo á Casa Cultural de Ribadetea e contará cun orzamento para a súa realización de 176.511,67 euros, incluídos dentro da parte que, ao concello de Ponteareas, lle corresponde do programa de Fondos Estatais de Investimento Local.
A construción deste auditorio vén a dotar ao Centro Cultural de Ribadetea dun lugar máis axeitado onde desenvolver as actividades culturais que se organizan en dito centro e para as que se contaba con pouco espazo.
Salvador González Solla, alcalde de Ponteareas, salientaba que con esta obra amósase a intención do Grupo de Goberno que preside de “desenvolver todas aquelas actuacións precisas para reforzar a estrutura cultural das parroquias, non só coa construción de novos centros culturais, senón dotando a aqueles xa existentes, dos espazos precisos para un máis correcto desenvolvemento da súa labor social, cultural e veciñal”.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG de Ponteareas demanda a constitución da comisión de seguimento da A-57 para tratar sobre os proxectos contratados A Asociación de Veciños san Vicente e Canedo concentraránse para pedir a paralización das obras realizadas polo Ministerio de Fomento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: