Adxudicadas as obras de acondicionamento do Parque das Pombas, en Ponteareas

11/04/2009 at 18:33 Deixar un comentario

A xunta de goberno local adxudicou as obras de acondicionamento do Parque das Pombas, traballos incluídos polo Concello ponteareán dentro das actuacións a realizar ao abeiro do programa dos Fondos Estatais de Investimento Local. As obras suporán un investimento de 151.697,40 euros.
As obras que se realizarán nesta importante área de lecer abranguerán tanto traballos de reparación de elementos e infraestruturas xa existentes como a construción doutras novas. Dentro desta filosofía de traballo, mellorarase e ampliarase a área infantil xa existente coa substitución daqueles elementos que estean deteriorados. Ademais, construirase unha área infantil especialmente adaptada ás persoas con discapacidade física, nunha iniciativa pioneira no concello de Ponteareas e que se inclúe dentro do plan global, que se desenvolve dende o Goberno Local, de eliminación de barreiras arquitectónicas.
A maiores desta área infantil para nenos e nenas con mobilidade reducida, a remodelación do parque das Pombas inclúe a construción dun parque xeriátrico dotado de todos aqueles elementos que permitan que os maiores, usuarios deste espazo público, poidan realizar exercicios que melloren a súa mobilidade e condicións físicas.
As instalacións deportivas que se atopan no Parque das Pombas tamén serán obxecto de importantes melloras xa que se contempla a construción dunha nova pista polideportiva de 21 x 11 metros onde os máis pequenos poderán practicar baloncesto ou fútbol sala, que complemente a xa existente que resultaba insuficiente para o número de usuarios que rexistraba de xeito diario.
A remodelación do Parque das Pombas completarase coa instalación de 30 novos bancos e dotación dunha nova iluminación antivandálica.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, salientaba que as obras a realizar no Parque das Pombas, permitirán o seu uso e aproveitamento deste espazo público por parte de todos os veciños e veciñas de Ponteareas, sen ningún tipo de distinción, xa que “amais dos espazos adaptados para a súa utilización por parte de pequenos e maiores, inclúese un para que as persoas con mobilidade reducida tamén poidan gozar deste parque público, unha medida que forma parte do plan para a eliminación de barreiras arquitectónicas que desenvolve o concello de Ponteareas”.

Entry filed under: Ponteareas.

Esquerda Unida convoca unha concentración en Ponteareas O BNG de Ponteareas denuncia a manipulación da TV Municipal por parte do Partido Popular

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: