Adxudicados os traballos de asistencia técnica ao proxecto da rede Wimax de Arbo

11/04/2009 at 19:54 Deixar un comentario

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar, logo de reunirse en Xunta de Goberno, a resolución favorable da adxudicación dos traballos de asistencia técnica para o desenvolvemento das catro experiencias piloto do proxecto Wimax Rural, por importe total. de 69.000 euros.
Esta iniciativa, que servirá para paliar e eliminar a brecha dixital, naceu co obxecto de garantir a implantación da rede inalámbrica naqueles concellos máis desfavorecidos da provincia e “responde á necesidade de dotalos dun servizo tan fundamental, na actualidade, como pode ser o saneamento, ou o abastecemento de augas e electricidade”, comentou o presidente, Rafael Louzán.
Arbo, Agolada, Meis e Pazos de Borbén
A implantación da rede Wimax de banda ancha na provincia arrancará oficialmente coa experiencia piloto que levarán a cabo distintos usuarios  —aproximadamente 25 por municipio— dos concellos de Arbo, Agolada, Meis e Pazos de Borbén, “todos eles municipios sen conexión a internet, nin sequera nas propias casas consistoriais, por iso foron os elixidos para esta primeira fase de probas”.
Os receptores do servizo Wimax serán dispostos en emprazamentos orográficos complexos, tamén en situacións puntuais moi estratéxicas, para que poidamos coñecer verdadeiramente o alcance da rede e as súas posibilidades, as súas prestacións e a calidade da rede.
Esta rede de probas, que se levará a cabo nos catro concellos sinalados, estará operativa en breve. O servizo experimental será totalmente gratuíto e, cando se implante de xeito definitivo, xa que a Lei prohibe a prestación deste servizo de xeito gratuíto, a Deputación acordará coas distintas operadoras o sistema que permita dotar, a cambio dun prezo simbólico por usuario, de conexións de 1 mega de velocidade a todos os concellos, “para que todos teñan acceso ás últimas tecnoloxías”, remarcou Louzán.
Características do servizo
Estes proxectos piloto teñen por obxecto determinar a mellor solución para o desenvolvemento da futura rede inalámbrica na provincia de Pontevedra, que permitirá dotar de acceso a Internet de Banda Ancha a núcleos ubicados nun entorno rural que actualmente non dispoñen de dito acceso.
Actualmente en España esta tecnoloxía unicamente se pode ofrecer na banda de frecuencias dos 3,5 GHz. por aqueles operadores que dispoñen de licenza para elo. Isto implica a necesidade de maiores infraestruturas de antenización.
Á espera de saber qué ocorrerá co reparto de frecuencias do espectro radioeléctrico en España, pendente de análise por parte do Ministerio de Industria, a Deputación decidiu comparar e probar os servizos e a calidade dos mesmos que ofrecen os distintos provedores que dispoñen de equipos certificados WIMAX nas bandas de 3,5 Ghz. e 2,5 GHz.


Dous lotes de servizo

O director de Novas Tecnoloxías explicou que “o Prego de Prescricións Técnicas divídese en 2 lotes, xa que o obxecto é probar e extraer conclusións acerca da calidade e funcionalidade dos servizos de Banda Ancha soportados por varios fabricantes e operadores nas dúas bandas de frecuencia sinaladas.
Así, o primeiro lote consistiría na realización de probas piloto da tecnoloxía Wimax na banda de 2,5 GHz nos concellos de Agolada e Arbo, e o segundo lote comprenderá as experiencias piloto de Wimax na banda de frecuencias de 3,5 GHz nos concellos de Meis, Pazos de Borbén e Arbo.

Entry filed under: Arbo.

Subvención de 95.969 euros para o Consorcio contra Incendios do Baixo Miño, Condado e Louriña O concello de Ponteareas asegura que máis de 300 persoas participaron na Sobroso Party

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: