O BNG de Ponteareas denuncia a manipulación da TV Municipal por parte do Partido Popular

11/04/2009 at 18:39 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas denunciou a suposta manipulación que o Partido Popular ven facendo da Televisión Municipal, “emitindo información cáseque en exclusiva da acción do goberno, negándose a retransmitir os plenos, sin ningunha pluralidade nin debates nos que participen todas as forzas políticas da corporaciòn, buscando sempre ocultar ao BNG, para evitar a presenza na televisión municipal que lle corresponde, como pirmeira forza política da corporación”.

Bolívar González, portavoz municipal do BNG, considerou a negativa de Alberto Novoa a comparecer no Pleno para dar explicacións sobre a súa xestión, como concelleiro responsable da Televisión Municipal como, “un acto antidemocrático e de cobardía política, negándose a dar explicacións a todos os veciños, que son os que lle financian a Televisión Municipal e lle pagan o seu soldo cos impostos”.

González acusou directamente ao concelleiro do Partido Popular, Alberto Novoa, “de actuar na Televisión Municipal do mesmo xeito que o facía Castro no seu tempo, con ataques á oposición, sin opción de respostar nin debater e con programas que só se dedican a realizar gabanzas do governo municipal do PP”.

Bolívar González considera que Novoa só se preocupa por manipular a Tv Municipal, “poñendoa ao servizo do PP como aconteceu de xeito descarado nas pasadas eleccións autonómicas nas que incluso chegaron a emitir un debate na xornada de reflexión, coa participación de dirixentes do PP e declaración de coa Núñez Feijoo”. Os nacionalistas denuncian que O PP está “regalando” ás horas de máxima audiencia a canles de televisión con sede en Madrid, que “transmiten os posicionamentos da extrema dereita madrileña, que controla o Partido Popular”.

Os nacionalistas anuncian que van presentar unha moción ao Pleno para obrigar ao Partido Popular e ao concelleiro Alberto Novoa, responsable da TV municipal, a debater sobre a sua programación, personal e financiamento.

Entry filed under: Ponteareas.

Adxudicadas as obras de acondicionamento do Parque das Pombas, en Ponteareas Concentración de apoio ao membro dun ANPA sancionado por manifestarse en contra do bombardeo israelí sobre Gaza

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: