O BNG denuncia que as empresas de Salvaterra son as máis prexudicadas pola adxudicación das obras do Fondo Estatal

11/04/2009 at 19:17 Deixar un comentario

O portavoz do BNG no Concello de Salvaterra, Gabriel Martínez, critica que as empresas deste municipio sexan as máis prexudicadas polas adxudicacións das obras financiadas con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local. “O goberno municipal ten unha total falla de sensibilidade e carece de políticas de emprego para potenciar a creación de postos de traballo no noso concello”, asegura o nacionalista.

“O PP en Salvaterra non é consciente de que no momento actual de grave crise económica é preciso dinamizar o emprego desde o propio Concello”, salienta Gabriel Martínez, quen asegura que o goberno municipal “carece de calquera tipo de política de emprego”. Neste sentido, lembra que precisamente para acadar este obxectivo foi creado o Plan do Fondo Estatal de Investimento Local e sinala que noutros concellos nos pregos de condicións da convocatoria se establecía este requisito, “que permite que as empresas da localidade e os traballadores e traballadoras teñan preferencia”.

O portavoz municipal do BNG de Salvaterra explica que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación de seis obras de saneamento de núcleos de poboación da vertente do río Tea. Por unha banda, trátase de dúas obras aprobadas mediante o procedemento negociado con publicidade e adxudicadas á empresa “Obras y construcciones Dios, SA”, de Vigo e que contan cun orzamento global de 907.723 euros. Por outra banda, foron adxudicadas por procedemento directo catro obras, que contan cun investimento total de 641.618 euros, ás empresas “Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, SL”, do Baixo Miño, e a “Construcciones Vale, SL” de Salvaterra.

O BNG entende que as obras a realizar “deberían servir para potenciar as empresas de Salvaterra e así manter os postos de traballo existentes, e no mellor dos casos, crear outros novos”. Gabriel Martínez suliña que deste xeito “as actuacións contribuirían a paliar o forte momento de crise que estamos a sufrir”.  “Lamentamos que non se teñan tido en conta outras empresas do noso Concello”, sinala o responsable nacionalista.

Entry filed under: Salvaterra.

A Deputación de Pontevedra convoca o premio Otero Pedrayo O Club Luar de Patinaxe felicita ás súas patinadoras

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: