O Club Luar de Patinaxe felicita ás súas patinadoras

11/04/2009 at 19:26 Deixar un comentario

Logo dunha fin de semana sobre rodas, as patinadoras do club Luar de Ponteareas desprazáronse o sábado 4 de abril a Covelo para participar na fase provincial do Trofeo Xunta e o domingo día 5 a Coruxo para desputar do Campionato Provincial de niveis.
En Covelo, María Montes Peralba alzouse cun merecido terceiro posto e medalla de bronce, asegurándose unha praza para a fase autonómica do trofeo Xunta que organizará o Club Compostela o vindeiro 25 de abril en Santiago.

En Coruxo, desputábase a modalidade Figuras Obrigatorias e Libre. En Figuras Obrigatorias no nivel II o Club Luar estaba representado por María Montes e María Abril Diéguez que subiron ao podium cun segundo posto e medalla de prata e terceiro posto e medalla de bronce, respectivamente.
En Libre, estiveron representados por Sara Alonso e Laura Bautista, as dúas de nivel III; Sara subíuse ao máis alto do podium cun primeiro posto e medalla de ouro e Laura un merecido noveno posto.
O Club Luar de Ponteareas asegura estar satisfeito cos resultados obtidos nos últimos campionatos e felicita ao seu adestrador Eduardo Caride e ás suas patinadoras pola súa entrega e esforzo diario.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG denuncia que as empresas de Salvaterra son as máis prexudicadas pola adxudicación das obras do Fondo Estatal Esquerda Unida apoia aos veciños de Canedo e San Vicente, en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: