O concello de Ponteareas asegura que máis de 300 persoas participaron na Sobroso Party

11/04/2009 at 19:57 Deixar un comentario

A VI edición da Sobroso Party que se celebrou no Pavillón Municipal dos Deportes de Ponteareas, dende as 5 da tarde do venres ata as 5 da tarde do domingo, contou con preto de 300 participantes que participaron en diversos concursos, campionatos, conferencias, xogos en rede, etc, segundo explica o concello.
Esta edición ofreceu aos participantes e visitantes as seguintes instalacións e actividades:
-Stand de Boinscon Expert, con unha demostración do novo sistema de TV de Alta Definición “Full HD”, que sorprendeu coa súa calidade de imaxe aos visitantes.

-Aula Informática do concello con ordenadores para que os visitantes navegaran por Internet.

-Consola Wii de Nintendo, e Consola PS3 de Sony, para xogar e divertirse con distintos videoxogos.

-Zona de Cafetería, que estivo aberta as 48 horas de duración da Sobroso Party.

Ademais, celebráronse campionatos de xogos en rede (Age of Empires II, Counter Strike Source, Colin McRae Rally 2.0, Guitar Hero World Tour e Quake III Arena).

Tamén se celebraron concursos de fotografía dixital, retoque fotográfico, creación do logo Sobroso Party 2010 e impartíronse conferencias e cursos sobre temas de interese (Virtualización, Refrixeración Líquida, Tifotecnoloxía,…).

Por último houbo campionato de futbolín e carreira en carros de supermercado.

A Sobroso Party 2009 rematou coa entrega dos premios (ordenadores, pantallas, cámaras fotográficas dixitais, cámaras de video, discos duros, impresoras, etc…) aos gañadores das competicións e co sorteo entre os participantes dunha bicicleta de montaña.

Entry filed under: Ponteareas.

Adxudicados os traballos de asistencia técnica ao proxecto da rede Wimax de Arbo O concello de Salvaterra organiza charlas de reciclaxe orientadas a escolares

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: