A Deputación e o sector turístico deseñarán accións conxuntas para aumentar a ocupación nas Rías Baixas

19/04/2009 at 21:38 Deixar un comentario

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o vicepresidente, José Manuel Figueroa, mantiveron hoxe unha reunión de traballo representantes e asociacións do sector turístico da provincia (entre outras Ahosvi, Asehospo, Fegatur, Avipo, Federación de Campings, etc.) para avaliar os resultados da Semana Santa, analizar a situación do sector e estudar a posibilidade de establecer accións conxuntas para atraer un maior número de turistas ás Rías Baixas.
Trala xuntanza Louzán anunciou que a Deputación porá en marcha en colaboración co sector medidas para potenciar ás Rías Baixas como destino. Así, o titular da Deputación comprometeuse a organizar unha mesas de traballos co sector que se reunirán mensualmente a fin de poñer en marcha accións conxuntas para captar turistas.
Así mesmo estudará reorientar as exposicións do Museo de Pontevedra coa organización de grandes exposicións en datas sinaladas como Semana Santa, verán ou no 2010 para aproveitar as sinerxías do Ano Santo.
Potenciación dos recintos feirais
Finalmente, Louzán manifestou a necesidade de sacarlle partido ós recintos feirais existentes na provincia (Vigo, Vilagarcía, Pontevedra, e Silleda) que considera “están claramente sendo desaproveitados, a xestión destas instalacións nos últimos anos foi desastrosa”, afirmou. “Se a isto lle sumamos a espectacular redución de voos de Iberia e Spanair, as Rías Baixas seguen a ser un destino moi lonxano”, aseverou o presidente.
Calendario de eventos
Os representantes do sector coincidiron en que para manter ou aumentar os niveis de ocupación é preciso ofrecer alternativas de ocio en datas específicas como Semana Santa xa que entenden que “os turistas non buscan so unha cama”. José Manuel Barbosa, presidente da Asociación de Hostelería de Pontevedra (ASEHOSPO) manifestou a necesidade de realizar reformas estruturais “non ten moita lóxica que nas Rías Baixas.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

A parroquia de Pías, en Ponteareas, terá novo alumeado eléctrico O concello da Cañiza organiza unha viaxe á illa de Ons

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: