A parroquia de Pías, en Ponteareas, terá novo alumeado eléctrico

19/04/2009 at 21:35 Deixar un comentario

A xunta degoberno do Concello de Ponteareas vén de adxudicar as obras de instalación de alumeado eléctrico para a parroquia de Pías. As obras, que forman parte das actuacións que, dentro do programa dos Fondos Estatais de Investimento Local, desenvolve o concello ponteareán, contarán cun investimento de 95.435 €.
Esta obra de instalación de iluminación eléctrica abranguerá a totalidade da parroquia de Pías, coa instalación de máis de 160 novos puntos de luz que cumpran os requisitos optimizar a eficiencia do servizo de alumeado, aforro enerxético e redución da contaminación lumínica. Os traballos de instalación de alumeado público permitirá tamén que se instalen puntos de luz na estrada provincial PO-254, vial que conta cunha alta densidade de tráfico rodado.
Estas obras de alumeado público, segundo sinalaba o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, teñen como finalidade que “veciños e veciñas de Ponteareas, independentemente do lugar no que vivan, poidan gozar de idéntico nivel no que fai referencia á prestación de servizos municipais”.

Entry filed under: Ponteareas.

Salvaterra celebra o ‘Día do Libro’ A Deputación e o sector turístico deseñarán accións conxuntas para aumentar a ocupación nas Rías Baixas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: