Adxudicadas as obras de abastecemento de auga para os barrios de Abelleira e O Cabalón, en Angoares Ponteareas

19/04/2009 at 21:16 Deixar un comentario

As obras de ampliación do abastecemento de augas para os barrios de Abelleira e O Cabalón, na parroquia de Angoares, comezarán en breve logo de que a Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas aprobara na última reunión do mes de marzo a adxudicación desta obra que se incluíu dentro do programa de Fondos Estatais de Investimento Local.
As obras contarán cun investimento de 88.930 euros e permitirán reforzar este servizo básico a unha zona altamente poboada da parroquia de Angoares, de tal xeito de veciñas e veciños poidan gozar dun abastecemento de auga que garanta o tanto o subministro como a calidade. Ademais, por parte do Goberno Local ponteareán salientouse a intención de, con esta obra, dar servizo tamén ao barrio do Carballal, co que a totalidade da parroquia de Angoares contaría xa con abastecemento de auga potable.
Segundo o Goberno Local, nos proxectos que o Concello incluíu para realizar ao abeiro dos Fondos Estatais de Investimento Local, teñen unha especial importancia todos aqueles que “como este de mellora do abastecemento de auga a Abelleira e O Cabalón, permitan garantir á veciñanza uns servizos básicos de calidade”. Nese senso, salientan os responsables municipais que “non so se optou por realizar infraestruturas novas, senón tamén polo reforzo e ampliación daquelas que, con vistas a un futuro inmediato e por mor do crecemento da poboación, poderían quedar pequenas nun curto espazo de tempo”.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Salvaterra organiza cursos de galego Salvaterra inaugura a exposición de pintura ‘Outras terras’ do tudense José Juan Aparicio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: