O concello de Salvaterra organiza charlas sobre reciclaxe

19/04/2009 at 21:24 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Medio Ambiente coordinada pola tenente alcalde e concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, organizará os días 21, 22 e 23 de abril, a partir das 10.00 horas, as ‘Charlas de reciclaxe’ dirixidas a preto de 500 alumnos do municipio con idades comprendidas entre os 8 e 15 anos. O día 21 de abril, a actividade celebrarase no CPI Carlos Casares (Alxén), o 22 no CEIP Infante Felipe e no IES de Salvaterra e o día 23 no CEIP de Chan (Leirado). 
A concelleira de Medio Ambiente, Marta Valcárcel, lembrou que o ano pasado fíxose unha iniciativa similar nos colexios, aínda que estivo orientada principalmente ás familias, “e ante o éxito”, decidiuse facer novamente a actividade “agora indicada aos escolares, para ensinarlles bos hábitos e criar consciencia da situación na que nos atopamos, onde é fundamental colaborar na redución da contaminación”. Por iso, as charlas están orientadas, “sobre todo”, para fomentar a diminución dos residuos.
O obxectivo destas ‘Charlas de reciclaxe’ impartidas por Sonia Míguez e Yasmina Souto, do Departamento de Cultura do Concello de Salvaterra, é sensibilizar aos alumnos no control dos residuos mediante a súa reciclaxe. Por iso, explicaranse os concepto e proceso de reciclaxe e daranse a coñecer os materiais reciclables (papel, cartón, vidro, plásticos y tóxicos).
A introdución nestes coñecementos farase a través dunhas presentacións en power point, “con contidos de doado entendemento e utilización de moitas imaxes”, sinala Sonia Míguez, cunha explicación interactiva “onde os nenos poderán intervir no momento que se lle presenten dúbidas”, afirma Yasmina Souto. Ao final da explicación, co propósito de saber se os alumnos captaron a mensaxe, faranse diferentes xogos de preguntas e respostas, “tipo Trivial”, engaden as monitoras.

Entry filed under: Salvaterra.

Louzán e Durán presentaron o Plan Cutural que acollerá máis de 900 actuacións Galiza Nova solicítalle ao concello de Ponteareas copia do plan de mellora de infraestructuras de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: