O concello de Salvaterra organiza cursos de galego

19/04/2009 at 21:13 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, comezou o 13 de abril, o Curso Celga 3.  As clases contan cunha vintena de participantes e teñen lugar na Casa da Cultura, de 19.30 a 22.00 horas. O curso, feito en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, é de 60 horas e os exames celebraranse a finais de maio en Escolas Oficiais.

A concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, sinalou que a organización destes cursos faise, principalmente, por dúas razóns “porque hai moita xente que está pendente de facer algunha oposición”, con todo “tamén temos persoas que veñen ao curso para reciclarse e coñecer máis a fondo a normativa”. Nese sentido, “o Concello procura fomentar a educación en calquera ámbito”, por iso “esperamos que os alumnos saquen o maior partido das clases”.

O curso estará impartido por Esther Álvarez quen explicou que o Celga 3 constitúese de 12 temas, aínda que a prioridade será a parte oral, para iso “faranse exercicios por parellas, traballando bastante o diálogo, e as destrezas comunicativas”.

Entry filed under: Salvaterra.

O PSOE de Ponteareas asegura que se realizarán as obras da rotonda de Canedo Adxudicadas as obras de abastecemento de auga para os barrios de Abelleira e O Cabalón, en Angoares Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: