O PSOE de Ponteareas asegura que se realizarán as obras da rotonda de Canedo

19/04/2009 at 21:10 Deixar un comentario

A vista dos acontecementos xurdidos a raíz das protestas pola paralización temporal da obra de construción da rotonda na N-120, a altura do cruce do Mosteiro de Canedo, o PSdeG-PSOE de Ponteareas asegura que a rotonda é unha obra fundamental non só para os veciños de Canedo senón tamén para todos os veciños e veciñas de Ponteareas polo risco que entraña o cruce para a circulación.
Esta obra foi adxudicada, segundo o PSOE, a Indeza edificación e obra civil, S.L.
“No proceso construtivo, dita empresa comunica ao Ministerio de Fomento que non pode continuar co desenvolvemento da mesma, polo que, logo de negociar a administración coa empresa, procédese a abrir un prazo de cesión da obra a unha nova empresa, de aí que a obra permaneza paralizada ata que remate o proceso de cesión,  de acordo co “ Texto Refundido da Lei de Contratos das Administraciones Públicas (TRLCAP), (R.D.L 2/2000 de 16 de Xuño)”, explica Tomás González Mouriño, secretario de organización do PSdeG-PSOE.

O PSdeG-PSOE de Ponteareas apoiará a execución desta obra unha vez sexa adxudicada á nova empresa.
“A diferencia do señor Luís Pardo, non cremos que a solución sexa paralizar unha obra indefinidamente pola caducidade dunha licenza de obra. Por suposto, o PSdeG-PSOE de Ponteareas velará pola legalidade de dita obra, confiando que a nova adxudicataria solicite a nova licenza se é necesaria”.

Respecto as manifestacións feitas nos medios de comunicación por parte do responsable local do BNG, Xosé Represas, o PSdeG-PSOE de Ponteareas considera dun “oportunismo político lamentable”.
“Este señor acusa ao Partido Socialista de desprezar aos veciños de Canedo, non obstante o goberno de Zapatero foi o que dotou orzamentariamente a obra e o que a levou a adxudicación, non podéndose executar por motivos alleos á Administración. Faría ven o señor Represas en ler o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas se quere ser realmente representativo para os veciños e veciñas de Ponteareas”.

Entry filed under: Ponteareas.

Curso de arte floral en Salvaterra O concello de Salvaterra organiza cursos de galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: