Ponteareas adxudica as obras de instalación de alumeado eléctrico para a parroquia de Fontenla

19/04/2009 at 20:39 Deixar un comentario

A xunta de goberno local de Ponteareas ven de aprobar obras de instalación de alumeado público na parroquia de Fontenla, unha actuación que suporá un investimento de 90.790 €.
As obras, que se realizan cos fondos que, ao concello de Ponteareas lle corresponden dentro do plan de fomento do emprego dos Fondos Estatais de Investimento Local, permitirán mellorar a infraestrutura do alumeado público nesta parroquia ponteareá, de xeito que, veciños e veciñas, poidan dispoñer dun servizo axeitado ás súas necesidades.
Ao igual que en todas as obras que, dentro de mellora ou instalación de novo alumeado realiza o goberno local, ben sexa con cargo aos Fondos Estatais, ou as realizadas con fondos propios ou en colaboración con outras institucións, as novas luminarias que se instalen en toda a parroquia de Fontenla, estarán adaptadas para conseguir unha maior eficiencia no alumeado, ademais mellorar o aforro enerxético.
O alcalde ponteareán, Salvador González Solla, salientaba que “da importancia que para o goberno que presido ten a mellora deste tipo de infraestruturas, fala o feito de que, soamente dentro dos Fondos Estatais de Investimento Local, o Concello de Ponteareas destina preto dos 800.000 euros á mellora e potenciación deste tipo de instalacións, dende o convencemento de que son infraestruturas imprescindibles para o desenvolvemento das parroquias ponteareáns”.

Entry filed under: Ponteareas.

A veciñanza de San Vicente e Canedo obten o apoio de Nós-UP O bádminton atrapa a medio cento de salvaterrenses

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: