Salvaterra celebra o ‘Día do Libro’

19/04/2009 at 21:32 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte iniciaron o xoves, día 16 de abril, unhas actividades para celebrar o ‘Día do libro’ no municipio. Esta iniciativa estivo dirixida para nenos/as de 4 a 5 anos.
Nese senso, co lema ‘Abril, mes dos libros’, a Biblioteca de Salvaterra acolleu este xoves un obradoiro de ilustración impartido por Chus Ferrín, dende as 18.00 ás 19.30 horas, que consistiu en contarlle un conto sobre un lobo “que o ían vendo en imaxes” e, a continuación, unha vintena de nenos articiparon na actividade e debuxaron no mural cousas do conto.
Mentres que no 23 de abril, ‘Día do libro’, organizarase un concurso, que terá como agasallo un libro. Para participar soamente hai que facer un debuxo ou relato do teu conto favorito e expolo na biblioteca.
As actividades de animación á lectura rematan na Biblioteca de Salvaterra de Miño o vindeiro día 30 de abril, coa presenza da animadora Marisa Irimia, a partir das 18.30 horas, que fará un xogo de misterio das cinco portas. “Se queres participar na actividade, pásate pola biblioteca e apúntate”, animan desde a organización.

Entry filed under: Salvaterra.

Galiza Nova solicítalle ao concello de Ponteareas copia do plan de mellora de infraestructuras de Ponteareas A parroquia de Pías, en Ponteareas, terá novo alumeado eléctrico

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: