Arbo celebra a XVIII Festa da Lamprea

24/04/2009 at 17:22 Deixar un comentario

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa, e o alcalde de Arbo, Manuel Rivera, presentaron en Vigo a XLIX edición da Festa da Lamprea de Arbo e a XVIII edición da Feira de Artesanías Arbomostra, que terán lugar entre os días 24 e 26 de abril.
A Festa da Lamprea, “en vésperas de celebras as súas vodas de ouro”, como resaltou o alcalde, “coincidirá co peche da veda do peixe, sendo unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia, xa que a súa primeira edición celebrada data de 1961”.
En verbas de Rivera, “espérase que este ano poidan acudir máis de 25.000 persoas á festa, e repetir e incluso superar as cifras de pasadas edicións, onde se degustaron máis de 4.000 lampreas”.
“A degustación”, explicou o alcalde, “tamén poderá levarse a cabo en «Arbomostra», que se inaugura o venres, ás 17:30 horas, na carpa que se habilitará ó efecto, onde os asistentes poderán probar, entre outras, a especialidade de lamprea á bordalesa, a un prezo módico.
Outra das preparacións estrela será, como ven sendo habitual, a lamprea arbense, variedade de preparación moi similar á da lamprea á bordalesa. Tamén se consume en cantidade a empanada de lamprea e a lamprea rechea. Esta última prepárase secando e afumando o peixe que despois é enrolado con ovos cocidos e vexetais dando lugar a un manxar que pode ser degustado todo o ano.
Novidades da edición
A xornada festiva comezará cos tradicionais pasarrúas da banda municipal e coa actuación de numerosos grupos de gaitas. A degustación pódese realizar tanto nas casetas, onde se pode comer lamprea por prezos simbólicos, como nos restaurantes da vila, aínda que é recomendable reservar con antelación.
“O pregoeiro deste ano”, concluíu Rivera, “será o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, quen, ás 13 horas do sábado 25, dende o balcón do concello, ofrecerá o discurso de partida dunha festa que demostrará, unha vez máis, que en Arbo sentimos verdadeiro «orgullo e paixón» pola lamprea”.
Ó mesmo tempo adiantou que xa se comezan a preparar os fastos da edición do ano que ven, que será a quincuaxésima edición da Festa da Lamprea, “para a que xa se está a xestar algo moi importante e novidoso”.

Entry filed under: Arbo.

Ponteareas celebra o Día da Picaraña A Deputación apoia un plan de transporte público transfronteirizo no que se investirán 172.000 euros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: