Ponteareas celebra o Día da Picaraña

24/04/2009 at 17:21 Deixar un comentario

O vindeiro día 1 de maio, Ponteareas vivirá unha nova edición do Día da Picaraña, unha das celebracións que contan cunha maior participación de veciños e veciñas de todas as idades. Unha festa que se vive, con toda a súa intensidade, o sabor das romarías populares. A esta tradicional romaría suben veciños das parroquias de Ponteareas, Bugarín, Arcos, Prado, Santiago e San Lorenzo de Oliveira, ademáis de Pías, Fontenla, Cumiar, Celeiros ou Guillade entre outras, sendo tradicional a subida das cruces parroquiais. Dado que son moitos os mozos e mozas que, dende sempre, acampan xa dende a noite anterior á celebración da festa, a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX ), do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Xuventude, quere lembrarlles que, segundo a lexislación vixente, a acampada libre esta prohibida. Para poder acampar sin ningún tipo de impedimento, os interesados e interesadas, poderán facelo de xeito totalmente gratuito, nos terreos do albergue xuvenil de A Picaraña, propiedade do Concello de Ponteareas. Para isto, so terán que se inscribir na oficina da OMIX, nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ponteareas, na rúa A Perillana. Lembramos que a inscrición é totalmente de balde.

Entry filed under: Ponteareas.

Comezaron as actividades da ‘Escola de Alfombristas’ en Ponteareas Arbo celebra a XVIII Festa da Lamprea

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: