Esquerda Unida adianta que o consello escolar do Bouza Brey rexeita as obras de ampliación

26/04/2009 at 18:33 Deixar un comentario

Román Alonso, da areas de ensino de Esquerda Unida Ponteareas adianta que o consello escolar do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas rexeita a ampliación do centro.
Segundo Alonso o consello escolar pide que se manteña no presuposto a reforma integral do centro e que se constrúa un novo centro infantil e de primaria.
“Na reunión do Consello Escolar Municipal aprobouse entre outros aspectos unha resolución que rexeita as obras de ampliación aprobadas pola Consellería de Educación destinadas a incrementar o número de liñas, porque suporía a reducción da superficie do patio e daría como resultado un macro centro no que se dificultaría o labor educativo do profesorado. A resolución aprobada por unanimidade, foi presentada polo representante de CCOO nese órgano, Román Alonso Santos, quen ademais é responsable local da área do ensino de EU-IU”.
Segundo EU a reunión, presidida polo concelleiro de educación,contou tamén coa presencia de catro representantes da FANPO, unha profesora representante da CIG, un profesor representante do CRA e o
presidente da Asociación de Empresarios.

Dende EU-IU valoran moi positivamente este acordo e lamentan a “teimosía do anterior delegado provincial do PSOE, quen sabedor da contestación social que suscitaba, seguiu adiante  co seu deseño dun macro
centro”.
“Esperemos que as novas autoridades da consellería teñan en conta esta opinión maioritaria socialmente e soliciten de inmediato ó concello a disposición de terreos para a construcción do novo centro de primaria,
feito que por outra parte axudaría a paliar o paro, especialmente no sector da construción”.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG pide explicacións ao goberno municipal sobre as xestións realizadas con Fomento para a construcción da rotonda de Canedo, en Ponteareas Salvaterra celebrou o ‘Día do libro’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: