Os escolares de Salvaterra aprenderon a importancia da reciclaxe

26/04/2009 at 18:04 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Medio Ambiente coordinada pola tenente alcalde e concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, comezou este martes, 21 de abril, no CPI Carlos Casares de Alxén as ‘Charlas de reciclaxe’. Esta iniciativa, dirixida a perto de 500 alumnos do municipio con idades comprendidas entre os 8 e 15 anos, levarase a cabo tamén ata este xoves, precisamente no CEIP Infante Felipe e o IES de Salvaterra (día 22), e no CEIP de Chan do Leirado (día 23).
En representación de Marta Valcárcel estivo o concelleiro Ernesto Groba, quen sinalou que o Concello de Salvaterra conta con “recollidas de todo ou tipo”. Nese sentido, Groba salientou o servizo de recollida de pilas e de aceites, “e para iso contamos con polo menos dous puntos de recollida, un nas tendas e tamén nas casas culturais”. De todos modos, o concelleiro animou aos pequenos a falar destes temas nas súas casas “para concienciar a vosa familia, porque ou futuro está en vós”.
O obxectivo destas ‘Charlas de reciclaxe’ impartidas por Sonia Míguez e Yasmina Souto, do Departamento de Cultura do Concello de Salvaterra, é sensibilizar aos alumnos no control dos residuos mediante a súa reciclaxe. Para iso, as monitoras explicaron aos alumnos de 1º, 2º, 3, 4º, 5º e 6º do CPI Carlos Casares os concepto e proceso de reciclaxe, dando a coñecer os materiais reciclables (papel, cartón, vidro, plásticos e tóxicos).
Nese sentido, os nenos aprenderon, entre outras cousas, que por cada tonelada de papel recuperado evítase a tala de case 14 árbores e que un mesmo papel pode ser utilizado de 6 a 15 veces. As monitoras ensinaron tamén aos estudantes do CPI Carlos Casares os ‘tres erres’, é dicir, que hai que reducir a cantidade de residuos tanto no colexio como na casa ou no traballo, que se debe reempregar os obxectos e, sobre todo, reciclar, “utiliza-o residuo como materia prima para ser transformado noutro produto, como por exemplo dun coche pódese facer incluso unha lavadora”, comentou unha das monitoras.
A introdución nestes coñecementos fíxose inicialmente coa presentación do xogo ‘os sostibles – Aforrando enerxía’, unha iniciativa do Instituto Enerxético de Galicia da Consellería de Innovación e Industria, que ensinou aos nenos a por en práctica xestos diarios para aforrar enerxía, como por exemplo utilizando lámpadas de baixo consumo ou deixar a calefacción a 19º. Tamén se fixo unha presentación en power point, “con contidos sinxelos e utilización de moitas imaxes”, manifestou unha das monitoras, seguida dunha explicación interactiva onde os nenos puideron intervir no momento que se lle presentaron dúbidas. Ao cabo da explicación, co propósito de saber se os alumnos captaron a mensaxe, fixéronse xogos de preguntas e respostas, “tipo Trivial”.

Entry filed under: Salvaterra.

O acondicionamento dun muro no colexio nº 1 de Ponteareas custará 95.619 euros Augas de Mondariz diversificará o seu mercado

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: