170 desempregados formalizaron contratos coa Deputación para traballar seis meses

03/05/2009 at 17:50 Deixar un comentario

Cento setenta desempregados da provincia de Pontevedra formalizaron hoxe na Deputación os seus contratos para traballar durante seis meses en concellos de menos de 10.000 habitantes. Estas persoas iniciarán a súa actividade entre o un de maio e o 31 de outubro de 2009.
Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros, enmárcase no Plan de Emprego aprobado pola Deputación Provincial co fin de mitigar os efectos da situación económica do país cun crecente número de parados.
O presidente da institución, Rafael Louzán, aproveitou a convocatoria para xuntarse con eles e desexarlles sorte nesta andaina profesional. Así mesmo, apelou á responsabilidade dos traballadores para que “cumpran debidamente os seus horarios e entre todos facer un ben á sociedade”.
Os 170 traballadores seleccionáronse entre un total de 3.150 aspirantes. Á hora de elixir ós candidatos valoráronse aspectos como os coñecementos teóricos e prácticos sobre o posto de traballo ofertado; a experiencia profesional; a proximidade xeográfica ó lugar de traballo; a dispoñibilidade horaria; o tempo de permanencia en desemprego e a situación familiar. O tribunal seleccionador estivo composto por funcionarios e sindicatos da institución.
As condicións laborais deste persoal réxese polo disposto no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial, e supletoriamente polo disposto no Estatuto dos traballadores.
Así, a xornada a tempo completo será de 37,50 horas semanais (7 horas e 30 minutos/día) e a xornada a tempo parcial de 18,75 horas (3 horas e 45 minutos/día).  O horario de traballo será determinado por cada concello.
Con respecto á retribución económica, os salarios dun  Peón-Operario será de 1.286,09 euros brutos se traballa a xornada completa e de 643,05 euros se está a media xornada. Pola súa banda, a prestación económica dos auxiliares será de 1.437,05 euros  brutos se traballa a xornada completa e de 718,53 euros se traballa a media xornadas. O período vacacional será en todos os casos de 11 días.
O presidente da Deputación recordou hoxe que este plan que posibilitou a contratación de 170 traballadores complementarase con outro plan que posibilitará a contratación doutras 150 persoas.
Trátase do Plan de Limpeza de Praias e Espazos Naturais que terá unha asignación económica de 1,1 millóns de euros. Esta iniciativa irá destiñado a concellos entre 10.000 e 50.000 habitantes polo que poderán acollerse a el un total de 22 concellos da provincia.
O Plan de Limpeza de Praias e Espazos Naturais empregará a arredor de 150 peóns por un período de tempo de seis meses. Os traballos comprenderán limpeza e rexeneración de praias, áreas recreativas e espazos naturais, xardíns, etc.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

O Plan anticrise da Deputación de Pontevedra investirá nos concellos 215,6 millóns de euros neste exercizo A Assembleia de Mulheres do Condado pide o aborto libre e gratuito na rede sanitaria pública

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: