A asociación Auga Limpa celebrou en Ponteareas a súa segunda asemblea xeral

03/05/2009 at 17:36 Deixar un comentario

Na asemblea celebrada pola asociación Auga Limpa, o domingo 26 de abril na Sala de Usos Múltiples ó lado do Parque das Pombas, deuse un repaso á actividade da asociación durante estes casi dous anos dende a súa fundación. Ó longo deste tempo a asociación recolleu o reclamo veciñal de mellorar o servizo de auga da traida da vila.
“Un servizo a todas luces deficiente que suministra ós veciños un auga con diversas partículas, en ocasións incluso con lodo e sempre cun forte olor a cloro, motivos estes que a fan inservible para beber e mesmo para cociñar”.
A asociación transmitíu durante este tempo o malestar veciñal á Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas e mesmo entregóu ó Concello máis de 800 sinaturas de adhesión a un escrito no que se reclamaba a mellora do servizo e repartíu tamén outro escrito para enviar ó Valedor do Pobo.
Na Asemblea tamén se deu conta ós socios da evolución dos trámites para a construción dunha Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) na vila. Segundo Auga Limpa logo do anuncio en outubro de 2008 por parte do Alcalde da compra dos terreos e da aprobación do proxecto da ETAP polo Pleno Municipal, proxecto ó que tivo acceso esta asociación, non se ten aínda constancia de que todo isto se vaia a materializar en breve.
En febreiro de 2009 esta asociación dirixiuse ó Concello de Ponteareas e á Xunta de Galicia facendo tres preguntas concretas; se o Concello xa enviara toda a documentación necesaria para a licitación da obra. 2. ” Tamén que nos informara do estado dos trámites para a súa construción e no caso de que estiveran todos os trámites realizados, se existía xa data de inicio para a construción da ETAP. Dous meses despois de transmitidas estas preguntas á Xunta e ó Concello ningúen nos contestóu, polo que nos tememos que esta cuestión tan importante para Ponteareas poida cair no olvido por parte das administracións, aparte de ser un menosprezo hacia a nosa asociación e en última instancia ós veciños”.
Na asemblea os socios acordaron seguir dirixíndose as administracións reclamando a solución do problema da auga e incluso se plantexou que no caso de que non se avanzara na construción da ETAP habería que comezar movilizacións veciñais.

Entry filed under: Ponteareas.

A Deputación impulsa o proxecto Aquelando2 O Club Luar de Ponteareas participa en distintos campionatos en Galicia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: