A Coordinadora Galega de ENDL acusa ao presidente da Xunta de ‘incitar a incumprir a lexislación educativa’

03/05/2009 at 17:56 Deixar un comentario

A coordinadora Galega de ENDL asegura que diante das noticias publicadas na prensa onde se recolle que o Presidente da Xunta de Galicia, o sr. don Alberto Núñez Feijoo, vai enviar unha circular aos centros educativos dando instrucións a respecto da distribución curricular das linguas oficiais nos centros educativos segundo a vontade do alumnado e o profesorado, a Coordinadora galega de ENDL considera inadmisible que un presidente dun goberno incite a incumprir a lexislación educativa mediante unha circular, documento este que ten como finalidade “aclarar” aspectos da lexislación, nunca para ir en contra dela, xa que non é un instrumento normativo.

Segundo esta coordinadora neste momento está en vigor o Decreto 124/2007, que regula o uso e promoción do galego no sistema educativo e que procura que o alumnado reciba un 50% de clases en lingua galega, para así poder garantir que sexa competente nas dúas linguas da comunidade, algo que só se pode conseguir se o alumnado aprende galego pero tamén “en galego”.

“Coas medidas postas en práctica no Decreto, non se atentou contra ningún “dereito civil”, polo tanto o noso colectivo non entende porque se fala de “repoñer os dereitos civís nas aulas”. A Coordinadora non dá creto a esta chamada á “insumisión” baixo o discurso da liberdade que deixa na elección do alumnado e do profesorado a lingua das clases, cando está lexislado mediante un Decreto que se estaba comezando a aplicar e que aínda non foran avaliado”.

Os integrantes da Coordinadora Galega de ENDL tamén amosan a súa sorpresa polo momento e a forma en que sae esta noticia. “Tras un discurso de investidura no que se repetiu ata a saciedade a palabra consenso, promove esta medida sen contar coas persoas e entidades que están implicadas directamente no proceso educativo e/ou con todos aqueles que participaron na redacción do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento. Dá así a impresión de que os “votos prestados” dos que falaba neste días o Conselleiro de  Educación, o sr. don Jesús Vázquez, pesan máis ca calquera intención real de consenso”.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

A Assembleia de Mulheres do Condado pide o aborto libre e gratuito na rede sanitaria pública Ex-alumnos do IES Val do Tea de Ponteareas organizan unha cea de antigos alumnos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: