Adxudicadas as obras de rehabilitación do local social de Prado, en Ponteareas

03/05/2009 at 17:22 Deixar un comentario

A xunta de goberno do Concello de Ponteareas, na Sesión Extraordinaria celebrada o pasado xoves, 23 de abril, adxudicou de xeito definitivo, os traballos de rehabilitación do local social da parroquia de Prado, obra que suporá un investimento de 77.149,34 euros e forma parte dos traballos que, en materia de dotación de infraestruturas culturais, desenvolve o concello ponteareán dentro do programa dos Fondos Estatais de Investimento Local.
A rehabilitación deste Local Social de Prado permitirá a creación de novos espazos culturais e de lecer para os veciños e veciñas de Prado.
Unha vez rematadas as obras que xa foron adxudicadas, o loca social de Prado poderá contar cun lugar onde se instalarán despachos, amais de espazos para a lectura e instalación dunha pequena aula informática que posibilite o acceso, de todos os veciños e veciñas desta parroquia, ás novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Para o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, con esta obra continúase a bo ritmo co programa de construción e reforzo das infraestruturas culturais das distintas parroquias e que permitirán que “todos os veciños e veciñas, de Ponteareas, dispoñan de espazos axeitados para o desenvolvemento das súas actividades culturais”

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG reclama un novo colexio de Primaria en Ponteareas para resolver a masificación actual A delegación de Ponteareas no congreso do PSdeG respaldou a Pachi Vázquez

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: