Esquerda Unida de Ponteareas saúda que o BNG se sume a EU-IU na reivindicación dun novo colexio de primaria

03/05/2009 at 18:24 Deixar un comentario

“A necesidade dun novo colexio de primaria xa foi incluida no programa electoral de EU-IU para as municipais de 2007, pero non así no do BNG que preferiu  estar calado, facendo de bastón da consellería de educación do PSOE durante estes catro anos, dando continuidade á desastrosa xestión do PP na Xunta e no concello”.Dende EU-IU queren poñer en evidencia a nova estratexia “esquerdista” e reivindicativa do BNG, acordada a nivel galego,  “agora que perderon o sitio no goberno da Xunta, porque tal incoherencia forma parte da tradición oportunista, connatural ó nacionalismo, que merece o desprecio da clase obreira”.
Segundo Esquerda Unida mentres eles estaban no goberno, EU-IU informaba, denunciaba e orientaba á xente de que en Ponteareas existen deficiencias graves no ensino publico, masificacións, colexios en estadoás nais e pais, entre outras.
Dito isto, “esperemos que os concelleiros  do BNG se sumen ós de Nava Castro (1/2 PP) para pedir un novo colexio de primaria, que si incluía esta cuestión no seu programa, inda  que tamén estiveron calados respecto ó mesmo durante catro anos. Nin o BNG nin o PP, nin PSOE terán credibilidade se non acordan no Pleno da Corporación adquirir o terreo necesario para poñelo á disposición da consellería antes de que esta o pida; por suposto sen pelotazo urbanístico coma no novo IES”.

Entry filed under: Ponteareas.

A vinoteca Eiravella de Ponteareas presenta este xoves 7 de maio o primeiro certame de catas Eiravella-Rías Baixas Remataron as actividades polo ‘Día do Libro’ en Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: