O concello de Ponteareas realiza obras de instalación de alumeado público

03/05/2009 at 18:11 Deixar un comentario

Diversas parroquias de Ponteareas son obxecto, nestes días, de traballos de instalación de novo alumeado público, unha vez rematado, por parte da Xunta de Goberno Local, o proceso de adxudicación destes traballos incluídos dentro dos Fondos Estatais de Investimento Local.
As obras que se están a desenvolver nas parroquias de Santiago e San Lourenzo de Oliveira, Cumiar, Nogueira, Xinzo e Celeiros, contan cun investimento para a súa execución de 204.849 euros e permitirán, en todos os casos, a instalación de novas luminarias que permitan acadar unha optimización deste servizo público e, amais que propicien o aforro enerxético e a redución da contaminación lumínica.
A instalación de alumeado público naqueles puntos do municipio deficitarios neste tipo de infraestruturas, foi considerada como unha actuación prioritaria por parte do Concello de Ponteareas, á hora de incluílas dentro dos Fondos Estatais de Investimento Local, de aí que a Xunta de Goberno destinada máis de 760.000 euros a este tipo de dotacións.
Para o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, estas obras de alumeado público que están en marcha teñen como finalidade mellorar o servizo de alumeado público para os veciños e veciñas de tal xeito que, “independentemente do lugar no que vivan, poidan gozar de idéntico nivel no que fai referencia a prestación de servizos municipais e sobre todo, en infraestruturas consideradas como básicas dende o Goberno Municipal como poden ser as de alumeado público ou saneamento e abastecemento de auga potable”.

Entry filed under: Ponteareas.

Eva Lozano Carpente presentará o seu último libro ‘O peto da risa’ na biblioteca de Ponteareas O programa de Balnearios levará a Mondariz Balneario a centos de pensionistas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: