O Concello de Salvaterra organiza un obradoiro de memoria dirixido ás persoas maiores

03/05/2009 at 17:29 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, informa que permanece aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de memoria organizado polo Concello e que se celebrará dende o 30 de abril ata o 28 de maio. Enfocado ás persoas da terceira idade, as clases terán lugar tódolos xoves, de 18.15 a 19.00 horas, na Casa da Cultura. Os interesados deben apuntarse na Oficina de Información Xuvenil do Concello o ben chamar ao número 986 65 81 26. O único requisito para participar é estar censado no Concello.

A concelleira sinala que esta iniciativa está enmarcada “na liña de actividades organizadas polo Concello e enfocadas a diferentes grupos de idade, e un deles é o da terceira idade”. Segundo Marta Valcárcel, “había tamén a necesidade de organizar unha actividade que axude aos nosos maiores a reforzar a súa memoria, porque non nos podemos esquecer que eles son o noso legado vivencial e, por iso, decidimos facer este obradoiro”.

Valcárcel di tamén que este obradoiro de memoria, que se leva a cabo por primeira vez no municipio de Salvaterra, reunirá unha parte “máis didáctica e outra de socialización que permitirá que a xente maior se relacione entre eles, algo que é moi importante, sobre todo no rural”.

O obradoiro ten como obxectivo conseguir unha mellora das condutas sociais e persoais, favorecer a interacción entre as persoas que comparten un espazo, a recuperación, ou na súa falta, o mantemento das funcións mentais superiores, en definitiva, mellorar a calidade de vida.

Faranse exercicios en diferentes áreas -linguaxe, razoamento, debuxos, etcétera- e actividades máis prácticas de estimulación cognitiva.

Entry filed under: Salvaterra.

Comezan en Ponteareas as actividades do “Mes de Maio, Mes das Letras” A Deputación impulsa o proxecto Aquelando2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: