O programa de Balnearios levará a Mondariz Balneario a centos de pensionistas

03/05/2009 at 18:13 Deixar un comentario

O Programa Diurno de Balnearios da Deputación de Pontevedra beneficiará a un total de 310 persoas de Cerdedo, Fornelos de Montes, Forcarei, A Lama, Pontecesures e Pontecaldelas na súa campaña de primavera, na que a institución provincial investiu unha achega de 16.120 euros, do total de 200.000 euros que supón o sufraxio deste programa social.
O Programa Diurno de Balnearios, que este ano achegará ós distintos centros da provincia a 3.846 beneficiarios, ten por obxecto proporcionar ás persoas a partires dos 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e maila súa saúde.
A iniciativa permitirá que os beneficiarios da mesma poidan pasar cinco tardes ou mañás seguidas –de luns a venres– nun balneario da nosa provincia, establecéndose para o desenvolvemento do programa dúas campañas: a de Primavera, que terá lugar durante os meses de abril, maio e xuño, e a de outouno, nos meses de setembro, outubro e novembro.
Os beneficiarios serán recollidos nos puntos de saída sinalados por un autobús que os volverá traer de volta ós seus domicilios unha vez rematada a estanza de dúas horas no balneario escollido, desfrutando das instalacións dos balnearios de Mondariz, A Toxa, Cuntis ou Baiona.

Entry filed under: Mondariz Balneario.

O concello de Ponteareas realiza obras de instalación de alumeado público Comezaron as obras de acondicionamento do Parque das Pombas, en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: