Remataron as actividades polo ‘Día do Libro’ en Salvaterra

03/05/2009 at 18:26 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte, celebraron este xoves, 30 de abril, a última actividade co gallo do ‘Día do libro’. Esta iniciativa estivo dirixida aos nenos/as de 4 a 5 anos.
Nese senso, co lema ‘Abril, mes dos libros’, a Biblioteca de Salvaterra foi o escenario do xogo de misterio das cinco portas, organizado pola animadora Marisa Irimia, dende as 18.00 ata ás 19.00 horas. Un xogo no que os nenos, a través de Pedro, entraron nun mundo totalmente diferente, onde as aŕbores eran da cor rosa e non verdes e tiñan o tronco azul en vez de marrón. Esta actividade permitiu tamén que os cativos coñeceran unha ra -Ripia- moi divertida, que ademais de falar facíao coma unha poeta, xa que as súas frases ían en verso.
Mentres que, na semana pasada, os cativos participaron nun concurso, onde o vencedor levou como agasallo un libro. “Dende vai anos facemos este concurso no que os cativos participan facendo un debuxo do seu conto favorito e entón aparece unha fada azul que lles regala un conto por facelo debuxo”, explicou Rosa Vaqueiro, responsable da biblioteca. En total participaron nesta actividade 17 nenos.

Entry filed under: Salvaterra.

Esquerda Unida de Ponteareas saúda que o BNG se sume a EU-IU na reivindicación dun novo colexio de primaria Trescentos congresistas asistirán ao Simposico de Estradas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: