Os veciños de Canedo e San Vicente seguirán coas manifestacións

06/05/2009 at 09:57 Deixar un comentario

Luis Pardo Groba como presidente da Asociación de Veciños de San Vicente e Canedo do concello de Ponteareas quere facer pública a situación actual do conflicto mantido co Ministerio de Fomento sobre as obras da rotonda de acceso a os barrios de Canedo e San Vicente, despois das mobilizacións levadas a cabo polos veciños/as dos devanditos barrios (Corte da estrada, contratación do valado publicitario, entrevistas cos responsables políticos, etc.., etc..)  conseguiuse nunha última reunión co responsable da empresa adxudicataria o compromiso pola súa parte de atender as súas demandas, copia do proxecto técnico, mellora da situación de seguridade na obra, respecto ao Regato da Venda, mellora dos accesos finais rodados e peonís para os veciños, etc..
“Aínda que o resultado da reunión co responsable da obra foi satisfactorio e os veciños/as decidimos permitir a continuación da obra no punto de reparación e mellora dos servizos de saneamento localizados no paso inferior da estrada N120 non imos permitir a continuación das obras restantes en canto non vexamos reflexadas de maneira definitiva as nosas demandas”.
Polo exposto van continuar coas mobilizacións iniciadas tal e como estaba previsto en datas e horas que se sinalan.
Manifestación no cruce de acceso a Canedo na N120 de 20,OO h. ate 21,00h

Venres   08-05-2009
     “  15-05-2009
     “  22-05-2009
     “  29-05-2009
“Dende esta Asociación non estamos dispostos a transixir coa execución dunha obra que non respecta os dereitos dos veciños/as, non respecta o medio no que se desenvolve e non e precisamente un exemplo de execución”, conclúe Luis Pardo.

Entry filed under: Ponteareas.

Concerto didáctico da escola de música de Mondariz Nava Castro será Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds